A adega Paco & Lola cumpre 20 anos de historia e celébrao cunha excelente xeira de premios. Dende comezos de ano, os seus viños non deixaron de acadar recoñecementos. O máis destacado foi o Gran Ouro outorgado ao Paco & Lola Prime, a máxima distinción que só recibiron tres albariños Rías Baixas.
Paco & Lola tamén foi recoñecida como a segunda adega máis premiada nos “Wines from Spain Awards”, sumou 7 medallas no certame VinEspaña e na Guía Paadín, e acadou outras 7 medallas no prestixioso concurso internacional Mundus Vini 2025.
A conselleira do Medio Rural, Mª José Gómez Rodríguez, felicitou persoalmente á adega polos seus logros. Tamén se uniron ás celebracións o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o expresidente do Goberno, Alberto Núñez Feijoo, que visitaron esta semana as instalacións.
O presidente da cooperativa, Carlos Carrión, indicou: “Desde Paco & Lola, agradecemos este respaldo e reafirmamos o noso compromiso coa excelencia, a sostibilidade e a promoción internacional do noso viño, orgullo da denominación Rías Baixas e de Galicia”.
Carrión tamén salientou o papel do equipo humano: “Agora, que estamos de 20 aniversario, Paco & Lola é moito máis ca unha marca. É o esforzo colectivo dunha comunidade. E cada botella que sae de aquí leva dentro historia, tradición, innovación e esperanzas no futuro”.