A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Oxiprotec: Última tecnoloxía para o ensilado

Oxiprotec: Última tecnoloxía para o ensilado

OXIPROTEC é un filme de ensilado de alta calidade fabricado para garantir a seguridade do seu silo. É comercializado por Delagro a través da súa rede de cooperativas e puntos de venda.

O principal inimigo para a conservación dunha forraxe ensilada é a presenza de osíxeno co produto. O incremento da temperatura na masa de forraxe húmida permite o crecemento de fungos e bacterias que provocan a deterioración do produto, ocasionando serias perdas no alimento, así como a contaminación por microorganismos prexudiciais para a saúde dos animais.

Neste sentido, OXIPROTEC consegue un bo illamento entre a masa da forraxe e o exterior, para lograr un ambiente anaeróbico que permite a correcta conservación da forraxe e, por tanto, das súas características nutritivas e organolépticas.

Vantaxes de OXIPROTEC:

-Tecnoloxía de fabricación: Protexe contra os raios ultravioletas, presenta maior resistencia á perforación e á rotura, resistente á deformación e presenta unha maior barreira fronte ao osíxeno.

A rastrexabilidade das materias primas utilizadas en OXIPROTEC é total, sen residuos nin produtos químicos.

-Destaca o seu menor grosor, menor peso e maior flexibilidade, adaptándose moito mellor ás irregularidades do silo, o que axuda a evitar que se formen bolsas de aire.

Así, OXIPROTEC ten un grosor de 130 micras fronte ás 175-185 µm dos plásticos negros convencionais. Menor grosor significa menor custo para o gandeiro e maior facilidade de manexo.

-Duradeiro e resistente: presenta unha alta durabilidade.

-Exclusiva composición bicolor: Capa interior negra, que crea unha barreira antiluz, e capa exterior branca, que reflacta os raios solares.

-Menor consumo de plástico e menor custo para o gandeiro.

-Despregamento fácil.

Medidas:

OXIPROTEC_DELAGRO_2

Máis información nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *