Ovica reclama que a Xunta tamén adiante os pagos da PAC ás ganderías de ovino e caprino

Protección e defensa do gando ovino fronte ao ataque do lobo con introdución de cans como a raza mastín leonés e mastín pirenaico (A Pontenova - Lugo, 2017).

Protección e defensa do gando ovino fronte ao ataque do lobo con introdución de cans como a raza mastín leonés e mastín pirenaico (A Pontenova – Lugo, 2017).

O pasado luns, día 21 de outubro de 2024, o presidente autonómico Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno vai aboar cun mes de adianto, respecto de pasadas campañas, o chamado “anticipo” dos pagamentos directos da PAC referentes á solicitude única 2024.

Este adianto corresponde a pagamentos para o sector vacún, tanto de leite como de carne, que representa un 75% das solicitudes da PAC en Galicia. O obxectivo é que as persoas beneficiarias conten cun fluxo de efectivo para facer fronte aos seus gastos operativos durante o presente ciclo agrícola.

Dende a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia – OVICA demandan que “o sector ovino e cabrún sexa incluído nestes pagos adiantados posto que as persoas titulares de granxas de ovellas e cabras tamén teñen gastos operativos aos que facer fronte”.

“Cremos que é importante apoiar o noso sector xa que somos a primeira liña de loita contra incendios, facendo efectiva a limpeza dos montes en moitas zonas nas que non sería posible facelo con outro tipo de gando”, engaden.

Subliñan tamén que o sector ovino e cabrún “ten unha gran potencialidade nunha comunidade como Galicia na que o despoboamento no rural e o abandono de terras agrarias é unha gran problemática, polo que consideramos que a administración debería apoiar para que se converta nunha posibilidade real de actividade agro gandeira, poboando o rural e mantendo a nosa paisaxe”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información