Ovica presenta un programa para a mellora da xenética dos machos de ovino e cabrún

A asociación gandeira presentou o proxecto, que suporá un investimento de 50.000 euros, esta mañá en Castroverde

DEPU LUGO OVICAA área de Rural da Vicepresidencia da Deputación financiará un programade avaliación das cualidades reprodutivas de machos de ovino e cabrún da asociación de criadores Ovica.

O proxecto, que conta cun orzamento de 50.000 euros, presentouse este martes en Castroverde, nun acto con persoas da asociación gandeira, no que se expuxeron as liñas de traballo a desenvolver nos vindeiros meses co obxectivo de facilitar a gandeiras e gandeiros información contrastada sobre as calidades morfolóxicas e reprodutivas de machos de ovino e cabrún e asesoramento específico en relación co manexo e a alimentación dos sementais.

A deputada Iria Castro lembrou que Galiza conta co maior número de granxas do territorio español, con maís de 16.000 granxas” e subliñou que “o ovino e cabrún é un sector imprescindible para a vida no rural tal e como a coñecemos, por iso o apoio ao sector é unha prioridade na acción de goberno da área de Rural da Vicepresidencia, tanto á hora de articular axudas directas, como de configurar programas como O que non arde, que financia investimentos para pastoreo e manexo de gandería extensiva, ou Da Escola á Granxa”.

O programa de testaxe de machos, que conta coa colaboración de ADGS O Acivo, desenvolverase en diferentes fases. Para comezar, farase unha avaliación sanitaria, xenética e reprodutiva dos machos presentes nas granxas das socias e socios de Ovica.

Coa información obtida, elaborarase un catálogo – en constante actualización- dos sementais que cumpren as garantías sanitarias e xenéticas requeridas, que servirá de guía para facilitar a compra de animais en condicións óptimas. Ovica emitirá tamén un certificado por cada semental que sexa analizado para acreditar a calidades seus reprodutores e crías.

O programa permitirá recoller e sistematizar información moi valiosa para a mellora das ganderías de ovino e cabrún, que ata agora carecen desta ferramenta para orientar decisións de compra ou de recría nas propias granxas.

O financiamento do programa dá continuidade ao apoio que a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ven ofrecendo a Ovica desde o ano 2020, con axudas directas orientadas a crear un equipo técnico que consolidou a asociación como entidade de aconsellamento e lle permitiu abordar proxectos como, entre outros, a creación da marca Pastores de Galicia ou a elaboración dun proxecto de economía social para mellorar a viabilidade económica das granxas e que frutificou na Cooperativa Vélaro. Da man área de Rural, púxose en marcha tamén o Foro da Lá no Mercado de Abastos de Lugo, que marca o camiño para recuperar a valorización da lá como produto de calidade.

WhatsApp Image 2026-02-04 at 15.58.39

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información