Ourense acollerá en marzo unha ampla xornada sobre “As bondades do consumo de aceite de oliva virxe”

Publicidade
Publicidade
Data inicio: 07/03/2019
Data fin: 07/03/2019
Lugar: Facultade de ciencias Campus de Ourense

O cultivo da oliveira está a consolidarse nos últimos anos como unha alternativa en Galicia, especialmente a partir de variedades autóctonas. Neste sentido, a Universidade de Vigo organiza o próximo 7 de marzo, xoves, unha xornada divulgativa sobre “As bondades do consumo de aceite de oliva virxe”.

A xornada celebrarase no Edificio Politécnico (Facultade de Ciencias) do Campus de Ourense e está dividida en tres bloques: oliveira, aceite de oliva e consumo de aceite/saúde. Os relatorios correrán a cargo de grandes expertos nacionais e internacionais.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través desta ligazón:

http://xaov.webs.uvigo.es/gl/programa.php

Programa:

9.15 h. Recepción de asistentes
9.45 h. Presentación da xornada
Dra. Ana Torrado Agrasar. Coordinadora do Clúster de Investigación e Transferencia Agroalimentaria do Campus da Auga (CITACA) da Universidade de Vigo

Bloque I. Oliveira

10.00 h. Variedades de oliveira: Catalogación, Certificación e Rexistro de Variedades Comerciais. Dra. Isabel Trujillo Navas, investigadora do Grupo de Recursos Xenéticos e Mellora do olivo da Universidade de Córdoba

10.30 h. Autenticidade do aceite de oliva mediante técnicas baseadas en bioloxía molecular. Contribución da micro e nanofabricación. Dra. Marta Prado Rodríguez. Investigadora responsable do Grupo de Calidade e Seguridade Alimentaria do International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) de Braga (Portugal)

Bloque II. Aceite de oliva virxe

11.00 h. Aroma do aceite de oliva virxe, interpretación química da percepción sensorial. Dr. Diego Luis García González. Investigador do Grupo de Trazabilidade e Calidade de Alimentos do Instituto da Graxa de Sevilla

11.30 h. Compostos fenólicos e outros compostos bioactivos do aceite de oliva: Por qué é importante cuantificalos correctamente?. Dra. Alegría Carrasco Pancorbo. Investigadora responsable do Grupo de Control Analítico Ambiental, Bioquímico e Alimentario da Universidade de Granada

12.00 h. Pausa café

Bloque III. Saúde

12.30 h. Efecto anti-tumoral dos compostos fenólicos presentes no aceite de oliva virxe extra na liña celular humana MCF-7. Dr. Maurizio Battino . Investigador Highly Cited Researcher do Grupo de Bioenerxética da Università Politecnica delle Marche (Italia)

13.00 h. Aceite de oliva e envellecemento. Dr. José Luis Quiles Morales . Investigador responsable do Grupo de Fisioloxía e Bioquímica Nutricional do Estrés Oxidativo da Universidade de Granada

13.30 h. Papel do aceite de oliva e a dieta mediterránea, na enfermidade cardiovascular. Ensaios clínicos. Dra. Montserrat Fitó Colomer. Investigadora responsable do Grupo de Investigación de Risco Cardiovascular e Nutrición no Instituto Hospital do Mar de Investigacións Médicas en Barcelona

14.00 h. Peche oficial da xornada

xornada_aceite_olivia_uvigo_ourense

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *