Os viños galegos, os que máis incrementaron o ano pasado o seu valor na alimentación e a hostalaría

O prezo medrou un 9% con respecto a 2020 e máis dun 15% con respecto a 2019. Os establecementos de alimentación gañan terreo aos bares e restaurantes como canle de venda

Publicidade

vinos GranbazanOs viños galegos son os que máis incrementaron o seu valor a nivel nacional na alimentación e na hostalería no 2021. Así o reflicte o informe O mercado español dos viños galegos: Alimentación e hostalería, elaborado pola multinacional Nielsen en colaboración co Goberno autonómico e cos consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas.

O valor dos viños galegos aumentou no ano 2021 un 9% con respecto ao 2020 e máis dun 15% con respecto ao prezo do 2019, na canle da alimentación. Este dato converte a nosa comunidade na líder neste eido, cunha vantaxe significativa con respecto a outros territorios.

Dentro de Galicia, Rías Baixas é a denominación líder tanto no eido alimentario coma no hostaleiro, seguida de Ribeira Sacra na alimentación e de Valdeorras na hostalería

No informe recóllese así mesmo información sobre a evolución positiva anual das vendas de viño da DO Rías Baixas en España (sumando as canles de alimentación e de hostalería). Así, constátase un incremento do 3,1% entre 2020 e 2021, pasando dos 12,6 millóns de botellas no 2020 aos máis de 13 millóns no 2021.

No que atinxe ao ámbito da nosa comunidade autónoma, dentro de Galicia a de Rías Baixas é a denominación líder tanto no eido alimentario coma no hostaleiro, seguida de Ribeira Sacra na alimentación e de Valdeorras na hostalería.

Medran as vendas nos supermercados e baixan na hostalaría

No estudo tamén se recolle a evolución do reparto das vendas de viño con DO de Galicia na hostalería e na restauración. Neste sentido, apréciase un incremento da porcentaxe de venda na canle de alimentación (pasouse do 39,9% no 2019 ao 52,8% no 2021).

A metade dos viños con denominación de orixe xa se venden en establecementos de alimentación

Ademais, os viños con denominación de orixe procedentes de Galicia experimentaron, en conxunto, un incremento de vendas do 0,9% entre os anos 2020 e 2021. A maiores, na canle de alimentación, o prezo medio dos viños galegos situouse por riba do resto de comunidades autónomas. En hostalería, o crecemento foi dun 21,8%, cun incremento dos prezos máis moderado que en alimentación.

Cota de mercado do 10% a nivel estatal

Os viños galegos con DO acadaron no ano 2021 unha cota de mercado no ámbito nacional (dentro do sector da hostalería) do 8,1% canto ao volume de vendas e do 9,7% en valor. Situáronse así por riba de territorios como Cataluña, Aragón, Navarra ou Castela a Mancha, sendo unicamente superados por Castela e León e La Rioja.

Tan so Castela e León e La Rioja superan na hostalaría aos viños galegos en valor e volume de vendas

Por denominacións de orixe, salienta a posición nacional de Rías Baixas, tamén na canle de hostalería, que acada o 3,9% do volume de vendas e o 5,1% en valor, superando a territorios de gran tradición vitivinícola como Navarra, Somontano ou Cariñena, e sendo unicamente sobrepasada por Rioja, Ribera del Duero ou Rueda. Cómpre indicar, ao tempo, que a DO Ribeiro acada unha cota do 1,6% neste eido, tanto en volume como en valor.

Ademais do prezo de venda, Galicia tamén lidera o prezo de compra por parte dos establecementos hostaleiros. Máis concretamente, o viño con denominación de orixe procedente da nosa comunidade tivo de media no 2021 un crecemento superior ao 1,5% con respecto ao prezo do 2020 e do 5,2% con respecto ao prezo que tiña no ano 2019.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información