Os viños galegos logran 9 medallas de ouro no Concurso Challenge du Vin de Bordeus

A DO. Ribeiro obtivo seis medallas de ouro e a DO. Rías Baixas outras 3 neste certame vinícola internacional, celebrado en Bordeus (Francia) os días 27 e 28 de marzo

Publicidade

RIBEIRO imaxeA Denominación de Orixe Ribeiro foi premiada con seis medallas de ouro e a DO. Rias Baixas con outras dúas no Challenge International du Vin 2026, un concurso internacional de viños celebrado no Palacio de Congresos de Bordeus (Francia) a finais de marzo. Este feito converte á DO. Ribeiro na Denominación de Orixe española con máis galardóns na categoría de viños brancos.

As seis medallas de ouro foron para viños brancos Adega do Moucho 2022, Alberte 2024, Maleiga Intre 2024, Ramón do Casar Godello 2024, Ramón do Casar Nobre 2024 e Ramón do Casar Varietal 2025.

A presidenta do Consello Regulador do D.O. Ribeiro, Concha Iglesias, considera que o éxito alcanzado nesta cita internacional segue mostrando que os viños brancos elaborados con variedades autóctonas do D.O. Ribeiro captan gran atención entre os catadores profesionais: “por cuarto ano consecutivo somos a Denominación de Orixe galega máis galarnonada neste certame e, este ano, tamén nos coroamos como o D.O. máis premiada de España en viños brancos. Logramos unha gran proeza pola cal nos sentimos orgullosos e isto é consecuencia do bo saber facer durante anos de viticultores e adegas”.

Premiados con Medalla de Ouro da D.O. Ribeiro:

Adega do Moucho 2022 de Francisco García Pérez
Alberte 2024 de Bodegas Nairoa
Maleiga Intre 2024 de Adegas Maleiga
Ramón do Casar Godello 2024 de Ramón do Casar S.L.
Ramón do Casar Nobre 2024 de Ramón do Casar S.L.
Ramón do Casar Varietal 2025 de Ramón do Casar S.L.

Alén dos viños da DO. Ribeiro, o concurso Challenge International du Vin 2026 tamén premiou con medallas de ouro a tres viños da DO. Rias Baixas: Bernon 2025, Paco & Lola Prime 2021 e Paco & Lola Vintage 2018.

Challenge International du Vin

Este concurso, organizado pola asociación Concours des Vins, celebrou en 2026 a súa 50ª edición e é o concurso internacional de viños e augardentes máis antigo organizado en Francia e esta edición reuniu a 500 catadores de máis de 20 nacionalidades para analizar un total de 3.000 mostras. Esta competición, organízase en forma de cata a cegas (sen coñecer a marca) coa particularidade de que cada xurado de catadores está composto por catro membros que representan a cadea “do produtor ao consumidor”: un viticultor, un enólogo, un distribuidor e un consumidor experto, deste xeito, os viños premiados achéganse ao máximo ao gusto do consumidor final, á vez que reciben o aval da profesión.

Consulta aquí o palmarés completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información