Viños galegos que destacan no informe “Galicia 2025” de Tim Atkin

Viños da D.O. Monterrei e de Ribeira Sacra obteñen altas puntuacións no informe que elabora Beth Willard, dando a coñecer estes viños a nivel internacional

Publicidade
Viños galegos que destacan no informe “Galicia 2025” de Tim Atkin

Informe "Galicia 2025" de Tim Atkin elaborado por Beth Willard.

Os viños das denominacións de Monterrei e Ribeira Sacra obtiveron altas puntuacións no informe elaborado por Beth Willard, experta en viños e representante do equipo de Tim Atkin MW.

Beth Willard levou a cabo unha análise no que avaliou 486 viños e percorreu 64 adegas en Galicia. Estes recoñecementos consolidan a calidade dos viños galegos, situándoos como referentes no mercado internacional.

Desde a Denominación de Orixe Ribeira Sacra emitiron un comunicado para destacar as boas valoracións obtidas:

Ribeira Sacra

O informe sitúa a Ribeira Sacra como unha das denominacións de orixe máis destacadas entre os viños nacionais. O Camiño Empedrado Merenzao 2022 de Adegas Mauricio Lorca foi distinguido como “Viño Rosado do Ano”. Entre os viños que superaron os 95 puntos, atópanse:

  • 97 puntos: Adegas Algueira, Algueira Merenzao 2013
  • 96 puntos: Adegas Algueira, Homenaxe 2013; Adegas Algueira, Lousa 2017; Ronsel do Sil, Muller Cepa 2022; Ronsel do Sil, Pórtico de Gloria Brancellao 2023
  • 95 puntos: Leira Míllara, Valiño 2022; Adegas Algueira, Lousa 2012; Adegas Algueira, Escalada 2023; Adegas Algueira, Mencía Barrica 2007; Adegas Saíñas, Saíñas Sinuoso 2021; Adegas Mauricio Lorca, Camiño Empedrado Blend 2020; Ronsel do Sil, Alpendre Merenzao 2022; Ronsel do Sil, Ourive Dona Branca 2023; Val da Lenda, Sete Tolos 2019.

O informe tamén recoñece o traballo dos profesionais e nesta edición Adrián Rodríguez Moure, de Abadía da Cova, foi premiado como “Mozo Enólogo do Ano”. Ademais, Adegas Regina Viarum recibiu o “Premio ao Enoturismo”.

D.O. Monterrei

En novembro de 2024, Beth Willard visitou a D.O. Monterrei para analizar o seu potencial vitivinícola. Alí avaliou preto de 90 viños de distintas anadas, destacando a capacidade de envellecemento e proxección internacional dos seus godellos.

Tres dos principais viños de Martín Códax Viticultores na D.O. Monterrei obtiveron cualificacións destacadas no informe, segundo comunica a adega a través de nota de prensa:

  • O Con da Moura 2021 – 93 puntos: Viño complexo e balsámico que combina frescura e cremosidade. Criado sobre leas durante 8 meses, reflicte a fusión entre val e montaña.
  • Mara Martín 2023 – 92 puntos: Godello novo, vibrante e fresco, que expresa a esencia do val de Monterrei e o seu singular terroir.
  • Mara Moura 2022 – 91 puntos: Elegante e estruturado, con fermentación a baixa temperatura e traballo sobre leas. Destaca pola súa frescura e fiel representación de Monterrei.
Os viños de Martín Códax Viticultores na D.O. Monterrei.

Os viños de Martín Códax Viticultores na D.O. Monterrei.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información