Os viños de Valdeorras logran 9 medallas no concurso mundial Decanter

Publicidade
Os viños de Valdeorras logran 9 medallas no concurso mundial Decanter

Os Decanter 2020 World Wine Awards, cuxo concurso se celebrou ao longo do mes de agosto en Londres e no que participaron 16.500 viños de todo o mundo, distinguiu un total de 13 referencias valdeorresas. “Isto proba que a calidade dos nosos brancos e tintos non ten nada que envexar á de viños doutras rexións europeas e mundiais”, destacou o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras ao respecto.

En concreto, Decanter distinguiu con medalla de prata catro referencias da comarca: Maruxa Godello de Virgen del Galir; Viñaredo Godello de Santa Marta; Viñaredo Sousón Barrica de Santa Marta e 200 Cestos de A Coroa.

Xunto a isto, con medalla de bronce foron distinguidos Maruxa Mencía de Virgen del GAlir; Pagos del Galir Godello de Virgen del Galir; Pagos del Galir Mencía de Virgen del Galir; Fardelas Godellón de Santa Marta e Godello de A Coroa.

Finalmente, houbo catro viños que obtiveron a distinción de destacados: Godello de Joaquín Rebolledo; Finca Trasladeiras de Joaquín Rebolledo; Sobre Lías Godello de Valdesil e Valderroa Carballo de Valdesil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información