Os viños de Valdeorras inician hoxe en Sevilla unha minixira por distintas cidades españolas

Ó longo de outubro e novembro teñen previstos actos para dar a coñecer os viños en Marbella, Madrid, Barcelona e Bilbao

Publicidade
Os viños de Valdeorras inician hoxe en Sevilla unha minixira por distintas cidades españolas

Unha das accións de divulgación ó longo de hoxe en Sevilla.

Os viños da Denominación de Orixe de Valdeorras participan nos actos do Salón Vividinos de Sevilla, que se celebrou ó longo da xornada de hoxe. Este é o primeiro punto dunha serie de accións divulgativas dos viños de Valdeorras que se desenvolverán durante os meses de outubro e novembro. Tras esta primeira parada expositiva, na que os asistentes poden degustar diferentes referencias da comarca, o Salón Vidivinos trasládase a Marbella o vindeiro xoves, 7 de outubro.

Posteriormente, entre o 18 e o 21 deste mesmo mes, celébrase en Madrid o XXXIV Salón Gourmets, no que tamén terán presenza os viños da comarca. Xunto a isto, os viños amparados baixo o selo do Consello Regulador viaxarán ata Barcelona, o 15 de novembro, no marco da Experiencia Verema e a Bilbao, o 22 de novembro, baixo o mesmo paraugas da Experiencia Verema.

Para o presidente do Consello Regulador, José Luis García, “recuperar a normalidade en canto a accións de promoción dos nosos viños é agora a prioridade para nós. Pouco a pouco, imos volvendo a feiras e actos sectoriais e agardamos que con estas iniciativas contribuamos a optimizar o grado de coñecemento dos nosos viños entre diferentes públicos, profesional e xeralista”, concreta García.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información