Os viños de Galicia son os grandes triunfadores nos Premios Baco Colleita 2024

Publicidade

premios bacoA Unión Española de Catadores acaba de dar a coñecer os resultados dos Premios Baco Colleita 2024, nos que Galicia foi a gran triunfadora, cun amplo recoñecemento aos seus viños novos e aos seus profesionais.

Así, o Mellor Viño Branco Premios Baco colleita 2024 recaeu en “Señor da Folla Verde 2024”, de Adegas Marqués de Vizhoja, na Denominación de Orixe Rías Baixas, que tamén se levou o Gran Baco de Ouro Premio Luis Hidalgo e o galardón na variedade Albariño.

Nos premios ao mellor viño branco varietal, na variedade Treixadura o premio foi para “Quinta das Tapias 2024”, de Adegas Tapias de Mariñán, na DO. Monterrei, mentres que na variedade Godello triunfou “Gotas de Mar Fermentado en barrica 2024”, de Hammeken Cellars, na DO. Ribeiro.

Galicia tamén triunfou nos Gran Baco de Ouro, alzándose con 3 dos 6 galardóns: Condes de Albarei 2024; Gotas de Mar Fermentado en barrica e Terras Mancas Barrica 2024.

Alma Salvaje 2024 da galega Adegas O Castro álzase pola súa banda co Gran Baco de Ouro á Mellor Nova Marca desta última colleita, e Pablo Estévez consegue por quinta vez a distinción de Mellor Enólogo de Viños Novos de España.

Un total de 415 viños foron avaliados en estrita cata a cegas por un panel de catadores integramente composto por membros da Unión Española de Catadores.

A Denominación de Orixe Ribeiro, con 35 medallas lidera coas súas elaboracións brancas o pódium dos Premios Baco colleita 2024, seguido das DO Rias Baixas, A Mancha, Rueda, Valdeorras e o polivalente IGP Vino de la Tierra de Castilla. Un total de 39 Indicacións de Orixe están incluídas neste palmarés e máis dun 60% dos viños rexistrados nos Premios Baco colleita 2024 obteñen unha puntuación superior aos 85 puntos. Datos que mostran tanto a notable calidade como diversidade da versión nova da España vinícola na colleita máis recente.

Palmarés de medallas dos Premios Baco colleita 2024 xa dispoñible en www.premiosbaco.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información