Os viños da Ribeira Sacra conseguen 11 Ouros no Mondial des Vins Extremes

Trátase do concurso enolóxico máis importante reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos cunha altitude superior a 500 metros e unha pendente do terreo de máis do 30%

Publicidade

viños premiados Ribeira SacraOs viños da D.O. Ribeira Sacra obteñen 11 Medallas de Ouro tras a participación no Mondial des Vins Extremes que se celebrou en Aosta entre o 27 e o 29 de agosto. A D.O. Ribeira Sacra presentaba este ano 64 mostras, 53 de tintos e 11 de brancos, pertencentes a 36 adegas, resultando premiadas as seguintes:

Medalla de ouro, Categoría Viños Brancos colleita 2019:
– Viña Garoña de Adegas Viña Garoña S.L.

Medalla de ouro, Categoría Viños Tintos colleitas 2019 e 2018:
– Os Cipreses 2018 de Rabelas S.L.
– Acrivro 2018 de Adegas Salvadur S.L.
– Garoubas 2018 de Fidel Gallego Carreira
– Ciudaseis Pedras Altas barrica 2018 de María Gloria Alvarín Losada
– Abadía da Cova Xuño 2018 de Adegas Moure S.A.
– Finca Cuarta 2019 de Rubén Moure Fernández

Medalla de ouro, Categoría Viños Tintos vendimas 2017 e anteriores:
– Finca La Capitana 2014 de Regina Viarum S.L.
– Adega Barbado 2017 de Javier Méndez Arias
– Finca Cuarta 2017 de Rubén Moure Fernández
– Alcouce 2014 de Chao do Couso S.L.

O Mondial des Vins Extrêmes, que organiza o CERVIM é o concurso enolóxico máis importante, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en socalcos.

Distincións Gallaecia 2020

A Asociación de Sumilleres Gallaecia informa das Distincións Gallaecia 2020 para as que se cataron 641 viños e destilados de Galicia, dos que 81 viños pertencían á D.O. Ribeira Sacra; obtendo Distincións Gallaecia 2 brancos e 12 tintos:

Brancos:
– Os Cripreses 2019 de Os Cipreses
– Almalarga 2019 de Alma das Donas

Tintos:
– Bancales de los Alcornoques 2017 de Finca Míllara
– VSCvco 2017 de Finca Míllara
– Ribeira de los Naranjos 2018 de Finca Míllara
– El Nido del Cvco 2017 de Finca Míllara
– Alma3once 2018 de Alma das Donas
– Abadía da Cova 2018 de Adegas Moure
– Abadía da Cova Pena Fión 2018 de Adegas Moure
– Abadía da Cova Caíño 2018 de Adegas Moure
– Vía Romana Grandes Añadas 2011 de Vía Romana
– Tolo do Xisto 3027 de Tolo do Xisto
– Rock & Roll 2018 de Pablo Vidal Vinos con personalidad
– Prómine 2019 de Petrón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información