Os viños da DO Monterrei reforzarán a súa proxección na feira Fenavin

A denominación galega presentará trinta referencias no Túnel do Viño de Cidade Real do 6 ao 8 de maio

Publicidade
Os viños da DO Monterrei reforzarán a súa proxección na feira Fenavin

Vendima en Monterrei. / Arquivo.

A Denominación de Orixe Monterrei participará na Feira Nacional do Viño (FENAVIN), que se celebrará en Cidade Real entre o 6 e o 8 de maio. Farao baixo o amparo da AGACAL, xunto co resto de denominacións vitivinícolas galegas. Nesta edición presentaranse un total de trinta viños no formato Túnel do Viño.

Participan adegas como Minius, Ramón Bigotes, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar, Vía Arxéntea, Crego e Monaguillo, Fragas do Lecer, Franco Basalo, Viños Lara, Serra de Alén, Tapias Mariñán ou Triay Adegas de Oímbra, entre outras.

O espazo da D.O. tamén ofrecerá información sobre a historia vitivinícola da zona, variedades de uva, condicións climáticas e outros aspectos relevantes. FENAVIN é un evento clave, con máis de 500.000 contactos comerciais e máis de 100 millóns de euros de negocio na súa última edición.

“A presenza nesta feira busca promover un maior coñecemento da D.O. Monterrei entre o sector profesional e incidir na procura de novas canles de distribución e comercialización, ademais de reforzar a nosa imaxe de marca”, destaca o seu presidente, Manuel Vázquez Losada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información