Os viños da D.O. Ribeiro logran 221 medallas na Guía Luis Paadín

Publicidade
Os viños da D.O. Ribeiro logran 221 medallas na Guía Luis Paadín

Un total de 224 viños da D.O. Ribeiro, resultaron como distinguidos pola Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2021, do sumiller, docente e catador, Luis Paadín e editada por Paadín.es. 21 referencias acadaron medalla de Gran Ouro, 148 viños medalla de Ouro e outras 55 marcas foron distinguidas con medalla de Prata.

A presentación da guía realizouse hoxe pola mañá na nova sede do Consello Regulador, en Ribadavia, da man dos propios autores da publicación, Luis e Alejandro Paadín, e do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares. Este último comentou que “cada ano percibimos un incremento no número de distincións e isto é unha enorme recompensa ao bo facer dos viticultores e adegas da Denominación de Orixe”.

Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2021

É o noveno ano consecutivo que esta Guía se edita polo sistema de micro-mecenazgo, con 480 páxinas a cor e estando exenta de publicidade. Recolle máis de 1.500 viños e destilados catados de máis de 500 adegas e destilerías. Inclúe ademais mapas litolóxicos, de relieve, climáticos e publiométricos de todas as DD.OO. E por último inclúe tamén unha novedosa árbore xenealóxica dalgunhas variedades de uva ancestrais de Galicia, así como unha ampliación de sinonimias e homonimias alcanzando a máis de 300 nomes de uvas galegas.

Listado de viños distinguidos con Gran Ouro:

Viños Brancos: A Teixa 2017, Amadeus 2018, Armán Finca Misenhora 2017, Armán Finca Os Loureiros 2017, Casal de Paula D.H. 2019, Cuñas Davia Barrica 2018, Definca 2018, Fai un Sol de Carallo 2017, Finca Viñoa Embotellado Tardío 2016, Gomariz Finca O Figueiral 2017, La Bandida Finca Camineros 2018, La Sombrilla 2017, Ramón do Casar Nobre 2018, Ramón do Casar Lento 2017, Son de Arrieiro Lías 2016, Teira X 2018, Val de Nairoa 2018 e Viña de Martín Escolma 2015.

Viño Tinto: Alborexar Ferrón 2015.

Viños Tostados: Alma de Reboreda 2008, Tostado de Costeira 2013.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información