Os viños da D.O. Rías Baixas superaron os 36 millóns de contraetiquetas no 2026

A maior parte das quedan en España e un 31% corresponden á exportación

Publicidade
Os viños da D.O. Rías Baixas superaron os 36 millóns de contraetiquetas no 2026

Os viños acollidos ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas mantiveron a tendencia á alza das súas vendas durante o exercicio 2025, con 36.157.121 precintas de garantía (máis comúnmente coñecidas como tiras ou contraetiquetas). Estas son expedidas polo Consello Regulador e o seu incremento respecto ao ano anterior foi do 3,05%. Os litros de viño verificados polo Órgano de Control e Certificación en 2025 ascendéronse a 27.117.841 litros. Unhas cifras que amosan o bo posicionamento dos viños de Rías Baixas no mercado tanto nacional como internacional.

Estes viños atlánticos mantéñense na cifra de máis de 36 millóns de botellas vendidas. A maior parte destas quedan en España, mercado por excelencia destes viños de orixe galega; mentres que á exportación destinan arredor dun 31,89% do volume total, unha actividade na que en 2025 participaron 108 adegas amparadas pola denominación de orixe.

Orzamento 2026
O orzamento deste ano para o Consello Regulador preséntase equilibrado en gastos e ingresos e ascenderá a un total de 4.371.828 euros. Unha cantidade que procede das cotas dos asociados e ingresos extraordinarios (61,95%), das subvencións e do remanente de anos anteriores. Este diñeiro destinarase a gastos de funcionamento, control de calidade (19,28%), promoción (68,5%) e investimentos.

Plan de promoción
O Plan de Promoción de 2026 inclúe accións, plans de promoción, campañas publicitarias como “Branco como Ningún” e a que se desenvolve conxuntamente co Consello Regulador de Xamón de bellota 100% Ibérico da D.O.P. Los Pedroches “Ao fin xuntos”, a participación en feiras locais, nacionais e internacionais, o desenvolvemento de plans sectoriais en mercados prioritarios (USA, Reino Unido, México, Irlanda, Puerto Rico, Países Baixos, Bélxica, Suíza e Alemaña); a comunicación interna e externa, así como a colaboración coa Asociación Ruta do Viño Rías Baixas.

Plan Director
Para manter esta tendencia, o Consello Regulador traballa na consecución das liñas estratéxicas do seu Plan Director 2030 co claro obxectivo de incrementar o valor en vendas dos viños de Rías Baixas. Un documento centrado en catro piares: máis volume sen perder calidade, incrementar a presenza no mercado internacional, máis portfolio en elaboracións Premium e unha aposta maior pola sustentabilidade e innovación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información