Os viños do D.O. Monterrei reciben un total de 11 distincións Gallaecia

Publicidade
Os viños do D.O. Monterrei reciben un total de 11 distincións Gallaecia

A Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia celebrou a cata final do concurso ‘Distincións Gallaecia’, onde 11 viños da D.O. Monterrei resultaron premiados.

A D.O. Monterrei presentou a esta edición un total de 48 mostras, 21 tintos e 27 brancos, que pertencían ás anadas 2016, 2017, 2018 e 2019. Das 72 referencias recoñecidas neste concurso, 11 pertencen á denominación:

Brancos
Abeledos 2019 (Concepción Paradela Martínez).
Ladairo Barrica 2018 (Ladairo).
Mara Moura 2019 (Terras do Cigarrón).
Pazo de Monterrey Raúl Boo 2018 (Pazos del Rey).
Trasdovento 2018 (Trasdovento).
Vía Arxéntea 2019 (Vía Arxéntea).
Vía Arxéntea Barrica 2018 (Vía Arxéntea).

Tintos
Alto do Bocelo 2018 (Trasdovento).
Father 1943 do 2017 (Crego e Monaguillo).
Lobarzán Isaura 2018 (Castro de Lobarzán).
Lobarzán Isaura Bastardo 2018 (Castro de Lobarzán).

Nesta edición do concurso ‘Distincións Gallaecia’, que cumpriu 22 anos, participaron 641 viños e destilados de todas as DD.OO. de Galicia. Así mesmo montáronse 14 paneis de cata conformados por 85 catadores de toda Galicia, acompañados por catadores e técnicos de Zamora, Toro, Ribera del Duero e Rioja.

Os catadores que participaron na cata final de Distincións Gallaecia, foron:

• Aurelio Vázquez (Presidente Gallaecia – Sumiller rest. Casa Aurelio).
• Alejandro Paadín (Vicepresidente Gallaecia – Xerente Paadín Eventos).
• Pedro Sestayo (Secretario xeral Gallaecia – Formador de hostelería).
• Manuel Corralero (Sumiller Hotel Plaza ****).
• Natalia Cid (Tesoreira Gallaecia – Sumiller Grupo Montesqueiro).
• Rebeca André (Membro do panel de calificación D.O. Monterrei).
• José Dopazo (Membro do panel de calificación D.O. Rías Baixas).
• Erika Laíño (Promoción & Comunicación D.O Ribeiro).
• Pablo Vidal (Membro do panel de calificación D.O. Valdeorras).

“Queremos felicitar ás adegas que conseguiron estas distincións”, destaca a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, “o que demostra o excelente traballo que se está realizando en Monterrei nos últimos anos”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información