Os viños brancos e as augardentes galegas triunfan entre os xornalistas españois do viño

Publicidade

Os membros da Asociación Española de Escritores y Periodistas del Vino (AEPEV) elixiron na súa XII Edición os Mellores Viños e Espirituosos de España nunha votación a dobre volta na que participaron a maior parte dos seus asociados e na que tiveron que decidir entre as 700 marcas propostas na primeira fase do concurso, das que pasaron á final un total de 146 viños e vermús e 61 espirituosos nos 15 capítulos aos que optaban.

Galicia foi a segunda comunidade, tras Andalucía, que máis premios logrou para os seus viños, con 7 marcas: logrou todo os premios na categoría de viños brancos sen barrica (Fillaboa 1898, da DO. Rías Baixas; Louro Godello, da DO. Valdeorras e Martín Códax, da DO. Rías Baixas), ademais de levar o premio á mellor xenebra, para Nordés, e o tres premios para augardentes e licores (Palacio de Fefiñanes Oruo Blanco; Lúa Licor de Café e Pazo de Señoráns Orujo Blanco)

O viño máis votado foi o Gramona Celler Batlle Brut 2010, de Bodegas Gramona, pertencente á marca colectiva Corpinat cun total de 152 puntos, que recibirá o Gran Premio AEPEV.

Premios-AEPEV-2020-1-715x1024 Medallero-2020_page-0002-725x1024

Por denominacións de orixe e específicas, os maiores galardóns foron para a DOC Rioxa,a DOP Xerez-Xérès-Sherry, a DOP Montilla-Moriles e a IXP Orujo de Galicia con tres galardóns, seguida da, DOP Rías Baixas e a marca colectiva Corpinnat, con dúas; e DOP Alicante, DE Brandy de Xerez, DOP Cava, DOP Ribera del Duero, DOP Rueda, DOP Pago del Vicario, DOP Jumilla, DOP Campo de Borja, DOP Vinos de Madrid, DOP Navarra, DOP Utiel-Requena, DOP El Bierzo e DOP Valdeorras cun, ademais de catro sen denominación.

Os premios entregaranse durante a próxima primavera no curso dunha comida de gala que se celebrará en Almería, tras dúas xornadas de visita ás adegas desta provincia, e ao que teñen anunciada a súa asistencia tanto as autoridades da Junta de Andalucía e da capital almeriense como un nutrido grupo de xornalistas da AEPEV coa súa Xunta Directiva á fronte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información