Coñecemos a experiencia co programa de xestión Uniform-Repro de Manuel Morales, especialista e responsable da sección de vacún da firma Oceva Sociedad Cooperativa, veterinarios expertos en vacún e ovino en Zamora.
-Como é OCEVA S. Coop? Cóntanos un pouco da súa historia e como é na actualidade.
–OCEVA é un equipo veterinario fundado en 1990. O seu obxectivo inicial era dar servizos de clínica e reprodución en porcos, ovellas e vacas. Actualmente o equipo está composto polos tres socios fundadores, dous veterinarios contratados e servizos administrativos. Dispón dun local na cidade de Zamora onde están centralizadas as oficinas, laboratorio, sala de reunións e almacén. Os servizos ampliáronse, sumando á clínica e reprodución, outros relacionados coa xestión das ganderías e servizos de Nutrición.
–Como crees que evolucionarán as ganderías de produción de leite no futuro?
-Na miña opinión, están a evolucionar día a día e moi rapidamente. O crecemento das granxas é algo inevitable, este crecemento implica o aumento de rendibilidade por dilución dos custos fixos, mellora da eficiencia, mellor organización dos recursos humanos, respecto polo medio ambiente, mellora constante do benestar animal e humano e tecnificación e robotización dos procesos.
-Cal vai ser o papel dos veterinarios nos devanditos cambios?
-O veterinario, pola súa formación e situación no organigrama da granxa, é unha figura clave, converténdose no asesor principal sobre os piares básicos da produción leiteira. O servizo veterinario actual, baseado en visitas periódicas ás ganderías posiciónanos como profesionais que dispoñen de gran información sobre o status sanitario e produtivo dos animais, o estado das instalacións, os programas de manexo e alimentación, os programas sanitarios e a capacidade profesional dos traballadores.
“A toma de decisións ten que estar baseada na análise dos parámetros produtivos, reprodutivos, sanitarios, económicos… e os programas de xestión facilítano moito”
-Paréceche importante ter un programa de xestión? Por que escolliches UNIFORM-Repro?
-Si, penso que é imprescindible. A toma de decisións ten que estar baseada na análise dos parámetros produtivos, reprodutivos, sanitarios, económicos etc…. E os programas de xestión facilítano moito. Durante moitos anos utilicei outros programas que quedaron obsoletos e despois de valorar as posibilidades que había no seu momento, optei por UNIFORM- Repro porque me pareceu o máis completo para as necesidades que tiñan os meus clientes, algúns dos cales, xa dispoñían del.
-Que ferramentas ou informes de UNIFORM-Repro utilizas máis?
-Principalmente o modulo de xestión reprodutiva, follas de traballo, informes de parámetros clínicos, reprodutivos e calidade de leite.
-Que tres aspectos destacarías máis do programa que che axudaran a facer seguimento aos gandeiros?
• Informes Reprodutivos moi completos e adaptables a cada circunstancia.
• Follas de traballo en granxa e planificación de tarefas simples, flexibles e eficaces.
• Uso da aplicación móbil polos gandeiros, que simplifican a toma de datos e fan que en todo momento a información da granxa estea dispoñible para todos os interesados.
-Resultouche sinxela a adaptación a UNIFORM?
-En realidade, levaba moitos anos utilizando Repro GTV e como ocorre con todos os cambios, custoume un pouco adaptarme. O certo é que, despois de tres anos, estes temores iniciais desapareceron, en liñas xerais estou moi satisfeito coa decisión e o manexo diario non supón ningún problema. O rexistro de datos e elaboración de informes diarios é moi rápido e sinxelo.
-Como valoras o servizo de asistencia?
-Satisfactorio, xeran confianza, resolven as dúbidas e axúdanme en todo aquilo que necesito.
-Como foi a adaptación á app de UNIFORM ou ao programa dos gandeiros cos que traballas?
-Hai de todo, os gandeiros novos adaptáronse moi ben e practicamente fano todo desde a app, eliminando as fichas de campo e fichas de traballo. Pero tamén hai unha alta porcentaxe que utilizan a app soamente para consultar animais e tarefas. Hai que dicir que tanto uns como outros están moi satisfeitos.
“Actualmente o maior reto é analizar eficiencias e rendibilidade económica na gandería e UNIFORM facilítanos a información para facelo”
-Cal é o maior reto ao que fas fronte actualmente? Como che axuda UNIFORM-Repro a superalo?
-Actualmente o maior reto é analizar eficiencias e rendibilidade económica. UNIFORM facilítanos a información para facelo, proporcionándonos índices técnico económicos fiables á hora de toma de decisións importantes como elección dos sistemas de sincronización de celos, reposición e eliminación de animais, idades a primeira inseminación, períodos de espera voluntarios, cambios en alimentación en base á calidade e cantidade de leite, eficacia de tratamentos veterinarios, secado selectivo…etc.
-Crees que é importante para as empresas como a túa empregar o programa de xestión UNIFORM? Por que recomendarías UNIFORM- Repro a outros veterinarios?
-Creo que é importante e imprescindible, sen unha boa xestión dos datos é imposible unha toma de decisións sensata. No Século XXI, é impensable unha empresa onde non se calcule con exactitude os custos de produción, o peso de cada partida de gastos, a eficiencia da man de obra, a eficiencia dos nosos animais e en xeral a eficiencia de cada un dos procesos da empresa.
Á vez que o sector, os veterinarios temos que adaptarnos a estas novas circunstancias e incorporar ás nosas ferramentas habituais (fonendo, termómetro, bisturís…), programas informáticos que nun futuro non moi afastado darannos máis satisfaccións a nós e aos nosos clientes.