
Os Servizos Veterinarios Oficiais comarcais dependentes da Xunta de Galicia están a notificar aos transportistas e empresas de transporte de gando que terán que adaptar as rutas e horarios para evitar os efectos das vagas de calor sobre os animais,
Os condutores estarán obrigados a consultar a previsión meteorolóxica ao inicio da viaxe e as temperaturas previstas. Para poder efectuar a ruta, os termómetros non deberán superar en ningún momento do percorrido os 35ºC.
Se a previsión indica que se superarán os 30ºC, será obrigatorio reducir a densidade nun 15% dende o inicio da viaxe. Así mesmo, será obrigatorio detallar as medidas que se van aplicar nos vehículos para garantir o benestar animal nos traxectos.
Os Servizos Veterinarios Oficiais comprobarán que o traxecto é realista, verificarán as previsións de temperatura durante a viaxe e as medidas previstas polo transportista, antes de emitir o documento de traslado de animais. A medida aplícase ás especies bovina, ovina, cabrún, porcina e equina.
No Mercado de Amio xa se valora comezar de xeito inmediato a controlar as temperaturas que se teñan rexistrado nos lugares de recollida, traslado e depósito dos animais e non se desbota que se modifiquen os horarios de actividade para evitar os efectos da calor.
A Xunta de Galicia habilitou dous modelos de declaración responsable para uso dos transportistas. O primeiro abrangue os transportes autorizados para un máximo de 8 horas e con sistemas SNS. O segundo implica os traxectos superiores a 12 horas. Pódense descargar ambos modelos nos seguintes documentos:
DECLARACIÓN RESPONSABLE_PLAN TEMPERATURAS_ VEHÍCULOS ATA 12 H
DECLARACIÓN RESPONSABLE_PLAN TEMPERATURAS_VEHÍCULOS MÁIS 8 H
Galego







Control OJD