Os tintos da provincia de Lugo serán protagonistas este venres dun túnel do viño

Publicidade

A Federación Rural Galega (FRUGA), en colaboración coa Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, celebrará o vindeiro venres 12 de decembro, un túnel dedicado en exclusiva aos viños da provincia de Lugo, co obxectivo de dar a coñecer a súa diversidade e personalidade.

O evento terá lugar a partir das 18:00 horas na sala de exposicións do Pazo de San Marcos, na capital lucense, e reunirá máis dunha ducia de viños da IXP Terras do Navia e da DO Ribeira Sacra.

A cata estará guiada polo enólogo Roberto Regal e polo sumiller Martiño Santos, que presentarán as características e singularidades dos tintos lucenses.

Con esta iniciativa, a FRUGA-AGV inicia unha campaña centrada en poñer en valor os tintos galegos, destacando a súa calidade e o seu potencial de futuro.

cartaz tunel fruga

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información