Os temporais provocan cuantiosos danos nas ganderías de vacún de leite de Portugal

portugal danos temporal ganderia 1A APROLEP – Asociación dos Produtores de Leite de Portugal expresa a súa solidariedade a todas as ganderías afectadas pola tempestade Kristin e de modo particular aos agricultores e produtores de leite da rexión de Leiría e de Santarém que sufriron danos cuantiosos nas súas instalacións.

A APROLEP apela ao Goberno para que “rapidamente facilite apoio á reconstrución e reparación das construcións afectadas para salvaguardar a seguranza dos traballadores e o benestar dos animais”.

Dun modo particular, a APROLEP renova o chamamento ao Ministerio da Agricultura para o prolongamento do prazo para comunicar as informacións esixidas pola DGAV relativas ao “Ecorregime de Benestar Animal”, que termina a 6 de febreiro.

“Este adiamento é necesario para todo o país, pero é crítico en relación ás rexións afectadas, de modo que produtores e técnicos poidan efectivamente dedicar o seu tempo á recuperación das condicións de benestar dos animais, en vez de estaren ocupados con burocracias adicionais de que debían ser dispensados, tendo en conta que xa posúen a certificación en benestar animal”, defenden dende a asociación.

Por último, a APROLEP expresa o “agradecimento a todos os que están no terreo a traballar para superar as dificultades das empresas e das poboacións e renova o chamamento á solidariedade de todos a través do apoio á recuperación das empresas agrícolas e do consumo e valorización do leite, produtos lácteos e de todos os produtos agrícolas nacionais”.

portugal danos temporal ganderia 2 portugal danos temporal ganderia 3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información