Os sindicatos piden á Xunta que “non infravalore” a crise do leite

O mércores reuniranse en Madrid co Ministerio de Agricultura e as industrias. Ao día seguinte se reuniriá a Plataforma en Defensa doSector Lácteo Galego.

Os sindicatos piden á Xunta que “non infravalore” a crise do leite

Os tres principais sindicatos agrarios de Galicia -Unións Agrarias, Sindicato Labrego e Xóvenes Agricultores- ofreceron este luns en Santiago de Compostela unha rolda de prensa conxunta na que valoraron de “histórica” a manifestación do pasado venres na que máis de 15.000 gandeiros e traballadores do sector protestaron polos baixos prezos do leite en Galicia.

Neste sentido, demandáronlle á Consellería de Medio Rural que “non” pode seguir infravolarando a situación, senón non tomar medidas xa”, segundo manifestou a secretaria xeral do Sindicato Labrego, Isabel Vilalba. Na mesma liña, o secretario xeral deASAJA-Galicia, Francisco Bello, riscou de “falta de responsabilidade” tratar de minimizar a gravidade da súa situación. Así, advertiu de que “un 50% das explotacións galegas reciben xa prezos por debaixo de custos de produción”.

“Feijóo debe crear un gabinete de crise para poñer en marcha solucións urxentes”

Pola súa banda, Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, recordou que “o problema das explotacións lácteas galegas é real, non inventado, con prezos que chegan a ser de 18 céntimos o litro, e mentres hai un grupo de gandeiros que leva catro meses sen cobrar”.

Ante esta situación, Isabel Vilalba volveu demandar que Feijóo”colla a responsabilidade que ten”, despois da “desautorización” da industria á conselleria a nin sequera se presentar á reunión convocada hai uns días pola Xunta de todas as partes, porque non a considera “interlocutora”.

“Feijóo debe crear un gabinete de crise do sector lácteo para poñer en marcha solucións urxentes”, esixiu.

Entre estas medidas está a retirada do mercado mediante intervención pública dunha partida de leite excedentario que poida permitir aumentar os prezos do leite. Sobre esta cuestión, o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, recordou que “non” fai falta que Xunta e Ministerio consulten nada” á UE, pois a retirada de excedente a pode facer de forma “inmediata” sen consultar a Bruxelas.

Ao respecto, apuntou que o pasado mes de febreiro o Goberno retirou do mercado un total de 35 millóns de litros de leite por 17 millóns de euros para axuda humanitaria da Corporación Alimentaria Peñasanta.

Reunión este mércores en Madrid

Neste contexto, mañá mércores volverá celebrarse en Madrid unha reunión dos representantes de sindicatos e das industrias lácteas con representantes do Ministerio de Agricultura. Ao día seguinte, xoves, convocarase á Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego para avaliar as medidas que se propoñan o mércores no Ministerio de Agricultura. Dende a Plataforma advirten de que se non se conseguen medidas concretas e urxentes se seguirán coas mobilizacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información