Os serradoiros trasladan á Xunta a súa preocupación pola escaseza de madeira e reclaman medidas contra as pragas do piñeiro

 De esquerda a dereita, o director de XERA, Alfredo Fernández, o presidente de Fearmaga, Elier Follea e o director Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, #Jose Luis Chan.


De esquerda a dereita, o director de XERA, Alfredo Fernández, o presidente de Fearmaga, Elier Ojea e o director Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Jose Luis Chan.

A situación límite do piñeiro en Galicia foi un dos asuntos centrais abordados na Asemblea anual da Federación de serradoiros e rematantes de madeira de Galicia – Fearmaga, que tivo lugar esta mañá en Santiago.

As empresas participantes trasladaron á Xunta a súa preocupación pola “viabilidade da industria do aserrado en Galicia”, debido a que a subministración estable de madeira de piñeiro está comprometido nun prazo de 10 anos.

Neste sentido, pediron á Administración galega que actúe cos medios humanos e materiais necesarios para abordar as dúas pragas que afectan as masas de piñeiro; no norte de Galicia, a banda marrrón (Lecanosticta acicola), e no sur, o nematodo (Bursaphelenchus xylophilus).

Outro dos temas abordados na reunión foi a moratoria do eucalipto, sobre o que a patronal da madeira considera hai que cumprir coas directrices do plan forestal de Galicia para o que, previo á toma de decisión sobre a continuidade ou non, hai que dispoñer de información validada dos resultados do inventario forestal continuo. Tamén pediu tempo para poder avaliar técnica e sectorialmente o efecto real que a actual moratoria tivo.

EUDR sen máis papeladas

Con respecto do regulamento europeo EUDR de comercialización e exportación de materias primas e produtos asociados á deforestación e degradación forestal, Fearmaga reiterou a súa petición á Administración para que se utilicen os mecanismos existentes para cumprir as esixencias de Europa.

A nova normativa garante o consumo de produtos de madeira de orixe forestal sostible, protexendo desta forma a consumidores, empresas e recursos forestais. Con todo, Elier Ojea lembrou que “en Galicia as empresas forestais xa están sometidas a diferentes controis para garantir a súa orixe”, polo que pediu á Xunta evitar ás pemes galegas máis cargas administrativas e lexislación redundante.

O presidente de FEARMAGA demandou “integrar no sistema galego de permisos de curta (CORWEB) unha ferramenta que conecte directamente con Traces (sistema de información da Comisión Europea) “de tal forma que cun único trámite administrativo cúmprase con esixido pola normativa galega e a europea”, sinalou Elier Ojea, algo que xa están implantado outras CCAA españolas ou outros países como Portugal. De non habilitarse este “servizo web”, advertiu de que o sector forestal galego quedará en “clara desvantaxe competitiva”.

As empresas expuxeron estas preocupacións ao director Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Jose Luis Chan, e ao director de XERA, Alfredo Fernández, que tamén participaron na Asemblea Anual.

Os representantes das asociacións provinciais apoiaron a actuación do equipo directivo que, desde o ano 2009 preside Elier Ojea, de Madeiras Ojea, e que ten á fronte da secretaría xeral a Ana Oróns.

A xornada tamén permitiu poñer en valor os servizos que desde fai máis de corenta anos presta Fearmaga ás empresas en materia informativa, normativa e de asesoramento. Destacáronse, as recentes misións empresariais a Perú para seleccionar e incorporar profesionais ao sector ou as xestións coa Administración para clarificar e ordenar as normas que afectaban as empresas da industria forestal-madeira.

Fearmaga

Fearmaga é unha organización sen ánimo de lucro que representa e defende os intereses dos serradoiros e rematantes galegos. Desde a súa fundación, hai máis de 40 anos, a federación promociona e impulsa a competitividade de todas as empresas que forman este sector. Aglutina a preto de 350 empresas, o que representa o 75% dos rematantes de madeira e das industrias de aserrado que dan emprego directo a 7.000 profesionais na comunidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información