Os serradoiros de maior tamaño poderán acceder este ano ás axudas de XERA

O director da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, Alfredo Fernández, cursa unha visita institucional a Hijos de Ramón Rubal

Publicidade
Os serradoiros de maior tamaño poderán acceder este ano ás axudas de XERA

Visita institucional a Hijos de Ramón Rubal.

Este ano, a convocatoria de axudas para serradoiros da Axencia Galega da Industria Forestal XERA dálle cabida por primeira vez ás empresas que procesan máis de 20.000 metros cúbicos ó ano. Así o explicou o director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, durante unha visita a Hijos de Ramón Rubal, un serradoiro de Alfoz (Lugo) que se atopa precisamente nese treito superior de madeira transformada.

Hijos de Ramón Rubal é un serradoiro familiar que está a piques de cumprir os 90 anos de historia e que conta con clientes en máis dunha ducia de países, entre os que destacan Francia e Portugal e, en menor medida, China, Vietnam, Cuba, República Dominicana ou Marrocos.

É un dos serradoiros galegos que, por superar unha capacidade máxima de transformación de 20.000 m³ de madeira, non pode acceder ás axudas do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común (PEPAC), e para os que a Xunta de Galicia modificou os baremos da orde de axudas que acaba de convocar para valorización de produtos en madeira.

É unha liña de apoios, polo tanto, que dá resposta a unha das principais demandas das asociacións do sector, dixo Fernández Ríos, que tamén subvenciona os investimentos que poidan facer os serradoiros para dotarse dos sistemas de tratamento térmico da madeira que exixe a normativa fronte ao nematodo do piñeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información