Os serradoiros da Cornisa Cantábrica, preocupados pola tendencia á baixa de materia prima en monte

No II Encontro Atlántico Forestal Madeira, o sector solicita medidas fitosanitarias activas para frear a expansión da banda e o nematodo

Publicidade
Os serradoiros da Cornisa Cantábrica, preocupados pola tendencia á baixa de materia prima en monte

A industria forestal e de transformación da madeira de País Vasco, Navarra, Asturias e Galicia pide medidas fitosanitarias efectivas e coordinación aos gobernos autonómicos para loitar contra as pragas que están mermando gravemente as masas forestais do Noroeste Peninsular e que compromete o desenvolvemento desta industria, no prazo de 10 anos.

No II Encontro Atlántico Forestal Madeira, os representantes sectoriais mostraron a preocupación polo deterioro das masas forestais de coníferas, atacadas pola banda marrón en toda a Cornisa Cantábrica e tamén, no sur de Galicia, polo nematodo. É unha situación, din, que está afogando aos aserradoiros.

Así mesmo, piden vontade polítitca para simplificar a tramitación administrativa para a extracción da madeira do monte. Durante o encontro, falaron de casos nos que para realizar unha corta de madeira se solicitaron ata doce actos administrativos en diferentes entidades. Unha xestión inasumible para as pequenas e medianas empresas.

En canto ao reglamento EUDR, que organiza o consumo de produtos de madeira de orixe forestal sostible, protexendo así a consumidores, empresas e recursos forestais, a industria reiterou a idoneidade de que se utilicen os mecanismos existentes para cumprir as esixencias de Europa.

As asociacións compartiron tamén diferentes estratexias de captación de traballadores que están desenvolvendo ante a falta de man de obra.

Participación galega no encontro
O II Encontro Atlántico Forestal Madeira foi organizado pola Federación de Aserraderos e Rematantes de Galicia (Fearmaga) e contou coa participación do director xeral de Ordenación e Planificación Forestal, José Luis Chan, así como do director da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, Alfredo Fernández Ríos, quen lembrou o compromiso do Goberno galego para impulsar no 2026 unha Fundación público – privada que lle dea un pulo ó Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información