A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Os robots Fullwood Merlin comezan a funcionar nas primeiras granxas galegas

A marca holandesa, distribuída en Galicia por Sayca Robotics, destaca por ofrecer nos seus robots dúas posibilidades de entrada, lateral e traseira. Visitamos a gandería Senín (Boqueixón) e a granxa Daniel (Santiago de Compostela), que xa levan meses coa instalación en marcha

A gandería de José Luis Senín (Lamas, Boqueixón), con 60 vacas en muxido, foi a primeira de Galicia en instalar a finais de 2025 o modelo de robot Fullwood Merlin M2, unha marca holandesa con ampla presenza en Europa e que se comezou a introducir en España coa distribución de Sayca Robotics.

“A instalación dun Fullwood foi unha decisión bastante meditada. Aquí en España non existía ningún e fun velos a Francia” -explica José Luis Senín-. “Nas granxas que vin en Francia gustoume o funcionamento do sistema. Víase unha máquina sinxela, silenciosa e que ofrecía dúas posibilidades de entrada para as vacas, lateral e traseira, que é unha opción que me interesa de cara ao futuro”, apunta o gandeiro.

A sala de muxido que tiña José Luis quedárase pequena e decidiu a instalación do robot: “Foi un cambio que ademais me permitiu gañar espazo para camas, xa que a nave estábase quedando pequena e este robot púidose encaixar nun espazo reducido” -valora-. “O proceso de adaptación foi sinxelo porque mantivemos a sala unhas primeiras semanas, mentres as vacas se acostumaban a entrar no robot para comer penso”, apunta.

Vin o seu funcionamento en granxas de Francia e gustoume. É unha máquina sinxela, silenciosa e que ofrece dúas posibilidades de entrada para a vaca, lateral e traseira (José Luis Senín)

Con máis de 5 meses de experiencia xa co robot, o gandeiro valora o cambio como positivo. As vacas xa roldan os 3 muxidos diarios, que era un dos obxectivos de instalación do robot, e iso redundou en aumento de produción de leite, que ademais foi acompañado dunha baixada no reconto de células somáticas. “As vacas vese que están ben, van tranquilas ó robot e hai unha mellora do benestar animal tamén”, considera.

“Agora temos outra forma de traballar, o robot non te quita de vir pola granxa, pero fai o traballo menos rutinario” -opina Senín-. “Tamén hai que dicir que antes estabamos dúas persoas e agora unha persoa fai todo o traballo da granxa de leite e atende as vacas secas e a recría”, subliña.

A nivel de funcionamento técnico do robot, Senín declárase tamén satisfeito. “Estou contento, houbo que facer loxicamente pequenos detalles de axustes, pero todo vai ben. O provedor está moi atento e calquera cuestión que teña, está as 24 horas para solucionalo”, conclúe.

Gandería Daniel (A Sionlla, Santiago)
A segunda granxa en instalar o robot foi gandería Daniel (A Sionlla, Santiago), coa que o fundador e director de Sayca Robotics, Juan Carlos Carnero, xa tiña relación comercial desde hai máis de vinte anos.

“Esta granxa foi unha das primeiras que puxeron robot en Galicia. Concretamente, no ano 2006 puxeron o seu primeiro robot da marca SAC, tamén instalado por Sayca, e desde entón foron crecendo. Agora decidiron que querían incorporar a nova tecnoloxía coa que estamos a traballar e apostaron por instalar 2 unidades do Fullwood Merlín”, explica Juan Carlos.

“Vírono nunha granxa preto e decidiron que era unha boa oportunidade para poñer esta nova tecnoloxía. E de momento, levamos algo máis de 4 meses e os gandeiros moi contentos”, conclúe Juan Carlos.

Puntos fortes e características do Fullwood Merlín M2

merlin interior

  • Posibilidade de entrada das vacas tanto lateral como traseira, e saída lateral ou traseira. Isto evita o bloqueo do robot e permite tamén xestionar lotes de vacas en distintas divisións do establo co mesmo robot.
  • Opción de contar cun foso na instalación do robot, o que facilita acceso ao animal.
  • Comedeiro abatible, de forma que non se abre se a vaca non ten permisos. O comedeiro pódese alimentar con ata 3 tipos de penso e produtos líquidos. Pode calcular o penso de forma automática en función da produción de leite do animal e dos seus días en lactación.
  • Posibilidade de colocación manual de pezoneras, interesante para xovencas.
  • Rapidez e precisión tanto do muxido como da preparación, con axustes individuais por vaca, colocación de pezoneras e limpeza posterior.
  • Sala de máquinas do robot separada, o que facilita o seu mantemento.
  • Programa de xestión FullSense, con información clave por vaca e alertas personalizadas. Pode complementarse coa tecnoloxía FullCount, para o cálculo de células somáticas, e co AfiLab, para monitorizar a composición do leite (proteína, graxa, lactosa).
  • Sensor en vacas AfiCollar (opcional) para monitorizar a rumia, alimentación e movementos. Permite detectar celos e posibles problemas de saúde.

Sayca Robotics, 23 anos de experiencia con robots de muxido

A distribución do Fullwood Merlin corre a cargo de Sayca Robotics, unha empresa con 23 anos de experiencia na robótica de muxido. A súa sede central está en Alcalá de Henares (Madrid), desde onde dá servizo á zona centro, e ten desde hai 3 anos unha delegación en Galicia, en Santa Comba, desde onde dá servizo para toda a comunidade, con previsión de abrir unha segunda delegación en Lugo.

“O servizo técnico é 24 horas os 365 días do ano. Sabemos que é algo necesario e puxemos os medios e o persoal para iso”, explica o director da empresa, Juan Carlos Carnero. “Temos unha atención telefónica permanente para os clientes, a través da que podemos xestionar os robots por acceso remoto, para tratar de solucionar posibles problemas, e sempre que é necesario, un técnico desprázase para revisar a máquina”, destaca.

Contactos telefónicos / whatsapp

  • 645 81 11 82
  • 665 27 09 25

Robots reacondicionados, unha alternativa económica e fiable para automatizar o muxido

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *