Os produtores de carne de polo lanzan un SOS pola crítica situación á que se enfrontan

Os produtores de carne de polo lanzan un SOS pola crítica situación á que se enfrontan

Uns 50 avicultores convocados por Unións Agrarias concentráronse esta mañá en Santiago de Compostela para denunciar a crítica situación á que se enfrontan polo descenso da demanda, o incremento dos custos de produción e a utilización da carne de polo por parte da distribución como produto reclamo para atraer clientes.

Precisamente, o acto de protesta tivo lugar diante dun supermercado da cadea de distribución GADIS, que estes días está a realizar unha oferta de “Pollo Extra Kilo 1,99 Euros”.

A organización agraria advertiulle a GADIS que no caso de que non retirara os elementos promocionais dos supermercados, nun prazo máximo de 48 horas coa oferta -prevista para o 30/11 e 1/12-, iniciaría unha campaña de sinalamento a través de tódolos medios dos que dispoña UUAA, tal como sucedeu hoxe. En calquera caso, a organización deu traslado e propuxo que se abra un expediente sancionador ante a Axencia de Información e Control Alimentarios, (AICA) á cadea de supermercados por introducir no mercado galego produtos “en clara venda a perdas”. Por parte de GADISA decidiron non facer valoracións.

Neste sentido, para o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, con este acto de protesta perseguen un triple obxectivo. En primeiro lugar, esíxenlle á Xunta de Galicia e ao Goberno Central que “fagan cumprir a Lei da Cadea Alimentaria non só á parte feble da cadea, senón tamén ás grandes distribuidoras, para que non se vendan alimentos por debaixo dos custos de produción”. “Hoxe vemos que nesta cadea véndense polo a 1,99 euros o kilo, un 30% por debaixo do que custa producilo”, advertiu.

Caida do prezo do polo e incremento do prezo do penso

Neste sentido, Roberto García asegurou que “imos estar moi vixilantes ante calquera venda por debaixo dos prezos de coste, denunciándoo ante a AICA para que sancione estas prácticas, pero tamén pedíndolle ao consumidor a súa complicidade cos produtores non comprando eses produtos reclamo”.

Por último, a organización agraria alerta sobre o descenso de demanda á que se enfrontan ás arredor de 670 granxas de polo que existen en Galicia debido a crise provocada pola Covid19. “Cada produtor de polos vai cobrar este ano de media 5.000 euros menos, pois vai ter 3 meses as granxas baleiras por falta de demanda; a caída do turismo tamén vai implicar unha caída da produción e aínda por riba vemos unha caída de prezo no polo de 0,25 euros por kilo, cando os custos de produción se viron incrementados un 30% nas últimas semanas pola subado prezo dos cereais”, alertou o secretario xeral de Unións Agrarias.

unions polo gadis 2 unions polo gadis 1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información