Os prezos no mercado de Amio mantéñense unha semana máis

Os prezos do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral do mercado de Amio mantéñense igual á sesión do 26 de xuño.

En canto á afluencia de animais, na xornada de hoxe asistiron 1.515 reses, 64 máis que na sesión anterior. En detalle, houbo 1.297 cabezas de vacún menor (78 máis que a pasada semana); 70 de vacún mediano (dous menos) e 148 de vacún grande (12 reses menos).

Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.

Máis información

– Táboa de cotizacións de Amio (3-VII- 2024)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información