O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ven de publicar o informe sobre entregas e prezos do leite de vaca correspondente ao mes de febreiro no que se confirma a caída da produción con respecto ao mesmo mes de 2024, en gran medida debido a que o do pasado ano tivo 29 día. Os prezos mantivéronse sen cambios.
Así, a media foi de 0,495 euros o litro a nivel estatal -o mesmo que en xaneiro- mentres que en Galicia o prezo medio foi de 0,472 euros o litro, fronte aos 0,473 de xaneiro.

Polo que respecta á produción, as entregas en febreiro no conxunto de España ascenderon a 578.931 toneladas, fronte ás 606.876 do mesmo mes de 2024.
En Galicia as entregas en febreiro foron de 236.442 toneladas, por debaixo das 245.426 do mesmo mes do ano pasado.
Por último, e no relativo ás calidades do leite, a media en febreiro situouse no conxunto do Estado no 3,88 % de graxa e 3,40 % de proteína. En Galicia, como ven sendo habitual, os sólidos lácteos foron superiores, na graxa, cun 3, 95%, mentres que na proteína os valores medios foron de 3,41%.
O prezo do leite ecolóxico mantívose sen cambios en febreiro nos 0,618 euros o litro na media de España e en Galicia nos 0,607 euros, fronte aos 0,610 de xaneiro.
Galego








Control OJD