En 1995, o Grupo Coren era pioneiro na posta en marcha da produción de Polo de Curral, buscando un produto de valor engadido co sabor tradicional. Para iso, recuperou a crianza tradicional en condicións de máximo benestar, na que os animais gozan de saída ao aire libre e unha alimentación completamente vexetal, co fin de poñer no mercado un produto co sabor e a textura de sempre.
A cooperativa decidía tamén apostar pola produción de ovos campeiros, procedentes de galiñas criadas en condicións de máximo benestar.
Vinte anos despois, o Grupo Coren está posicionado como líder en producións camperas en España, con máis de sete millóns de quilos de Polo de Curral e 70 millóns de ovos campeiros anuais, sempre mantendo o carácter tradicional na súa crianza e alimentación.
Así mesmo, a aposta de Coren polas producións campeiras contribúe á creación de emprego e dinamización do medio rural, xa que actualmente conta en toda Galicia con máis de 150 granxas especializadas nestas producións, mentres os postos de traballo vinculados a esta actividade ascenden a 450, entre campo e industria.
Características do Polo Campeiro de COREN
O Polo de Curral de Coren é de raza campeira e críase de modo tradicional, con saída ao aire libre, nun ámbito completamente natural. Ademais, recibe unha alimentación 100% vexetal, a base de cereais, principalmente millo. A vida do Polo de Curral prolóngase durante 80 días, o que lle permite un crecemento lento, sempre mantendo as condicións de máximo benestar. Deste modo, obtense un produto da gran calidade, cunha textura e sabor tradicionais.
Coren conta con máis de 250.000 galiñas de posta de ovos campeirosen granxas de toda Galicia, onde dispoñen de saída ao campo e reciben unha alimentación tamén tradicional a base de millo. Deste modo, os ovos camperospresentan unha cor e sabor máis intensos.
A aposta pola produción de ovos campeiros levou a Coren a optar en 2012 por abandonar a produción en gaiola, e todos os ovos que produce actualmente proceden de galiñas campeiras.
Campaña de promoción
Para conmemorar este 20 aniversario, o Grupo Coren lanza unha campaña que ten como obxectivo de difundir os valores de crianza baseada no benestar animal e alimentación tradicional, así como o sabor de toda a vida.
Ao mesmo tempo, quere render homenaxe a granxeiros, cociñeiros, carniceiros ou consumidores, para agradecerlles que as producións campeiras de Coren cheguen a cumprir 20 anos de éxito no mercado. Por iso, os protagonistas da campaña serán pais e fillos -tanto granxeiros, cociñeiros, carniceiros e consumidores- que, a pesar da diferenza xeracional, teñen en común a súa preferencia polos produtos criados de modo tradicional.
Así mesmo, realizaranse diversas accións promocionais dirixidas a estes colectivos, incluíndo a realización de descontos en Polo de Curral e ovos campeiros, así como a difusión de receitas, entre outras.