O cálculo da Pegada Ambiental e a certificación Declaración Ambiental de Produto (DAP) son puntos clave na Granxa Circular, o proxecto de Nanta para avanzar na sustentabilidade da gandaría. O obxectivo é valorar o impacto ambiental dun produto ao longo de todo o seu ciclo de vida para poder planificar accións necesarias para reducir este impacto e mellorar a xestión ambiental. Grazas a estas análises, é posible achegar un valor engadido ás producións finais, carne e leite, ao trasladar a DAP e a Pegada Ambiental até o último elo da cadea de produción.
Nanta conta con dúas gamas de pensos con Declaración Ambiental de Produto, os pensos para ovino de carne Vitacor Life e vacún de carne Bovicarn Life.Ademais, no caso da gama dirixida a rumiantes de leite, dispón de pensos con declaración de Pegada Ambiental, deseñados todos eles para minimizar as emisións de metano, fósforo e nitróxeno.
Un valor engadido para as producións
O estudo da pegada ambiental dun produto ou servizo implica levar a cabo unha Análise de Ciclo de Vida (ACV), tamén coñecido como análise do berce á tumba, que abarca a avaliación de parámetros como o quecemento global, o uso da auga, o ozono fotoquímico, a acidificación e a eutrofización da auga, entre outros.
Desta forma, os pensos DAP de Nanta, así como o cálculo da Pegada Ambiental, son unha panca que permite aos gandeiros avanzar cara á certificación das súas producións e ofrecen a posibilidade de crear futuras alianzas estratéxicas para desenvolver alimentos máis responsables co medioambiente. Respondendo desta forma aos requirimentos da industria, tanto a nivel lexislativo como a nivel de consumidor, que reclama alimentos máis sustentables.
As certificacións ambientais nas granxas ofrecen a posibilidade de crear futuras alianzas estratéxicas para desenvolver alimentos máis responsables co medioambiente
Visita Granxa Circular para coñecer todos os servizos que Nanta pon á túa disposición para avanzar cara á gandaría do futuro.
Acerca de Granxa Circular
Granxa Circular é a proposta de Nanta para avanzar na sustentabilidade da gandaría. Aliñada co Roadmap de Nutreco 2025, trátase dun modelo de sustentabilidade co que demostrar o grao de sustentabilidade dunha granxa atendendo a catro alicerces fundamentais: económico, ambiental, social e benestar animal. Co Decálogo de Granxa Circular como guía, un conxunto de dez troncos críticos a considerar, Granxa Circular cualifica ás granxas en tres categorías (A, B e C) en función dos seus resultados de sustentabilidade.
Cun enfoque multidisciplinar, inclúe varias ferramentas de cálculo e avaliación e conta con indicadores solventes, medibles e prácticos, sendo posible a verificación da certificación de sustentabilidade por parte de Aenor. Máis información en Granja Circular.
Acerca de Nanta
Nanta é a compañía líder na fabricación e comercialización de pensos compostos na península ibérica. Comezou a súa actividade en 1968 e desde entón o alto grao de compromiso cos seus clientes e o mundo da produción gandeira en xeral, a tecnoloxía empregada e os seus programas de I+D+i e calidade supuxeron un auténtico motor de avance para este sector industrial. Unha clara vocación e aposta pola innovación que a compañía mantén e manterá no futuro.
Englobada dentro da multinacional Nutreco, Nanta conta con 22 centros de produción dotados de tecnoloxía punta e todas eles certificados na norma ISO 14001 de medio ambiente e ISO 45001 de prevención de riscos laborais. Cabe destacar sobre todo a certificación de seguridade alimentaria FSSC 22000, garantía da seguridade e a calidade dos produtos da compañía. No seu portfolio de máis de 200 produtos atópanse alimentos para porcino branco e ibérico, para cunicultura e avicultura, para vacún de carne e de leite, ovino e caprino, e para a alimentación de cans, gatos e cabalos.