Os mercados de Silleda e Amio seguen aprazados ata o 18 e 19 de novembro

A mesa de prezos de Ternera Gallega acorda unha suba de dous céntimos en tódalas categorías

Os mercados de Silleda e Amio seguen aprazados ata o 18 e 19 de novembro

Por orde da Dirección Xeral de Gandaría e con motivo da evolución da dermatose nodular contaxiosa, están suspendidas en Galicia todas as feiras, concursos, certames, poxas, mercados e concentracións de animais. Se non hai cambios, a Lonxa de Silleda volverá celebrarse o 18 de novembro, mentres que o Mercado de Amio recuperará a súa normalidade o 19.

Entre tanto, a mesa de prezos de Ternera Gallega acordou onte unha suba de dous céntimos en tódalas categorías.

Cabe lembrar que tamén se prohíbe a entrada na Comunidade Autónoma de Galicia de animais procedentes de explotacións situadas nas zonas declaradas como restrinxidas á dermatose nodular contaxiosa. Todos os animais bovinos que se trasladen con destino a vida e procedan de explotacións localizadas fóra do territorio galego, independentemente da súa orixe, deberán ser sometidos a unha vixilancia veterinaria oficial dunha duración mínima de 21 días dende a data da súa incorporación á explotación de destino en Galicia.

Así mesmo, as explotacións gandeiras de calquera tipo e clasificación zootécnica que incorporen os animais referidos no punto terceiro quedarán inmobilizadas cautelarmente durante o período referido no mencionado punto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información