Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) contarán cun orzamento de 17,6 millóns de euros para o seu funcionamento ata 2027

Este montante permitirá darlle a necesaria cobertura financeira aos GDR para que poidan dispoñer dos medios humanos e materiais necesarios para desempeñar as súas funcións de dinamización territorial, así como desenvolver diversas accións de animación no seu territorio

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) contarán cun orzamento de 17,6 millóns de euros para o seu funcionamento ata 2027

O orzamento público dos GDR ata 2027 é de 17,6 millóns de euros. / Fonte: Imaxe de arquivo

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) contarán cun orzamento de 17,6 millóns de euros para os gastos de funcionamento, contribuíndo así ao desenvolvemento local participativo da medida Leader no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027. Esta cantidade está cofinanciada entre a Consellería do Medio Rural, os fondos Feader e a Administración Xeral do Estado.

O obxectivo deste montante é que os GDR poidan dispoñer dos medios humanos e materiais necesarios para desempeñar as súas funcións de dinamización territorial, así como desenvolver diversas accións de animación no seu territorio. Este orzamento prevé tamén os proxectos de cooperación e formación da poboación activa do rural. 

Cabe sinalar que a medida Leader prevé 39,3 millóns de euros adicionais destinados ás operacións para terceiros. Este montante se executará, a través de diferentes liñas de achegas en réxime de concorrencia competitiva. Poderán optar a elas concellos, 32 entidades privadas sen ánimo de lucro e empresas. 

A contía total ascende a 56,9 millóns de euros que se distribuíran no horizonte temporal 2023-2027. Cómpre lembrar que anteriormente o programa Leader estaba incluído na medida 19 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, mediante o cal se aprobaron un total 1.495 proxectos, e que permitiu consolidar 3.256 empregos, crear outros 933 novos postos e mobilizar algo máis de 169 millóns de euros, cunha axuda pública de 77,5 millóns de euros para operacións a terceiros. 

As estratexias que se desenvolverán no marco deste convenio foron escollidas mediante un sistema de puntuación tendo en conta diferentes criterios de selección e avaliación nos que se tiveron en conta cuestións como a innovación e a viabilidade do proxecto. As organizacións que se configuran como entidades colaboradoras son os 24 GDR que xa foran seleccionadas no período 2014-2020.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información