A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Os gandeiros teñen a razón, gañarán nas súas demandas ás empresas lácteas”

Entrevista a Ignacio Caruncho, Avogado Director de Caruncho, Tomé & Judel

“Os gandeiros teñen a razón, gañarán nas súas demandas ás empresas lácteas”

O avogado Ignacio Caruncho

Especializado en materias de competencia, o despacho Caruncho, Tomé & Judel Avogados e Asesores de Empresa ten unha dilatada experiencia contra as prácticas de diferentes cárteles: gañaron ao de camións e agora enfróntanse ao lácteo. Entre os seus clientes atópanse gandeiros galegos e de fóra da comunidade. Entrevista a Ignacio Caruncho, avogado e director deste prestixioso despacho coruñés.

Que ofrecen aos gandeiros afectados polo cártel lácteo?
A garantía da mellor defensa para os seus intereses. En primeiro lugar, só cobramos se gañamos. En segundo, elaboramos un informe pericial que nos permite cifrar a contía exacta do importe para reclamar. Trátase de casos complexos e é fundamental dispoñer dos mellores sistemas para certificar as cantidades para reclamar que ascenden a 2.400 por cada unha das súas vacas de maneira aproximada.

Que lles diferencia respecto a outros despachos de avogados?
A nosa especialización en competencia. Levamos anos traballando neste sector e temos a experiencia de enfrontarnos a grandes compañías. Sempre contamos coas mellores ferramentas, fixémolo contra o cártel de camións, obtendo un 100% de vitorias para os camioneiros aos que representamos e agora facémolo cos gandeiros que confiaron en nós.

Asumen todos os gastos xudiciais?
Todos. Avogado, procurador, perito e todos os gastos que poidan derivarse do proceso xudicial.

No caso de gañar, cal é a porcentaxe que leva o seu despacho?
Un 20%. Cunha vitoria de 10.000 euros o gandeiro obtería 8.000 dos que non habería que descontar nada xa que nos 2.000 euros que nos corresponden en base a este acordo inclúense todos os gastos do proceso xudicial.

Teñen garantías os gandeiros de gañar nas súas reclamacións?
Por suposto, téñenas todas. Os gandeiros teñen a razón, gañarán nas súas demandas ás empresas lácteas, pero son casos complexos no seu desenvolvemento polo que hai que contar coa mellor defensa xudicial. Non son casos que poidan atender despachos sen experiencia en competencia.

Quen poden reclamar?
Todos os gandeiros que tivesen explotacións entre os anos 2000 e 2013. Non importa se xa non manteñen a súa actividade a día de hoxe, se pecharon a súa explotación ou se xubilaron xa que pechar, xubilarse ou vender as vacas non conleva que o antigo gandeiro non teña dereito a reclamar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *