Os gandeiros de vacún de carne de Galicia iniciarán mobilizacións para esixir prezos xustos

Os gandeiros de vacún de carne de Galicia iniciarán mobilizacións para esixir prezos xustos

Roberto García, na rolda de prensa celebrada hoxe en Santiago

O sindicato Unións Agrarias presentou hoxe en rolda de prensa en Santiago de Compostela un calendario de mobilizacións das ganderías de vacún de carne Galicia para esixir un incremento do prezo que se lles paga polo seu producto, de forma que podan repercutir o forte incremento de custes de produción que está a ter o sector nos últimos meses.

As mobilizacións comezarán este venres ás 11:30 horas na praza do Toural de Santiago de Compostela cun reparto gratuíto de máis de 1000 kilos de carne de Ternera Gallega para pedirlle ao consumidor máis complicidade co sector á hora de facer as súas compras.

E é que, tal e como advertiu o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, a situación actual é de “tormenta perfecta que pode abocar ao peche de boa parte das 11.000 ganderías ganderías de vacún de carne que hai en Galicia, elementos clave para manter vivo o rural e previr incendios forestais, e que nun 93% son ganderías famiilares”.

Sen embargo, o prezo que perciben polos seus animais non cubre os custes de produción e boa parte de las subsisten grazas ás axudas da PAC. “Neste momento aos gandeiros de Galicia estáselles a pagar os becerros para matadoiro a 4,60 euros de media o kilo, o mesmo prezo que hai seis anos, cando nos últimos seis meses os costes de produción subiron de media 0,69 euros por kilo, de forma que producir un kilo de carne cóstalles de media 5,39 euros”, explicou Roberto Garcia.

Á baixada de consumo -sobre todo das partes nobres do vacuno- provocada pola crise do Covid19, xunto á suba fulgurante do penso, a electricidade, os fertilizantes ou o gasóil únense eivas estruturais do sector, como a falta de transparencia na conformación do prezo ou un sistema de matadoiros en réxime de monopolio que, segundo UUAA, perxudica ao gandeiro.

“O prezo tenlle que cubrir aos gandeiros os custes de produción da carne de vacún e iso non debe implicar que o consumidor pague máis, senón que o diñeiro se reparta de forma máis xusta dentro da cadea”, concluíu o secretario xeral de Unións Agrarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información