Os gandeiros bloquean 5 camións que supostamente tentaban introducir leite francés nunha industria de Monforte

A FRUGA considera “vergoñento que se tente coar leite de fóra no marco dunha folga de entregas”. Gandeiros do Saviñao bloquearon sobre as 5 da mañá a entrada de camións, supostamente cargados de leite francés, na empresa Euroserum-Ibérica, unha multinacional francesa.

Os gandeiros bloquean 5 camións que supostamente tentaban introducir leite francés nunha industria de Monforte

Camións bloqueados á entrada de Euroserum

Un grupo duns 30 gandeiros do Saviñao evitaron esta madrugada a entrada de 5 camións cargados supostamente de leite francés na planta láctea de Euroserum-Ibérica, en Monforte de Lemos. Segundo informou este mediodía o coordinador da Federación Rural Galega (FRUGA), Elías Somoza, foi sobre as 2 da madrugada cando os gandeiros apostados á entrada da planta de capital francés evitaron a entrada de 5 camións cargados, supostamente, de leite procedente de Francia.

Elías Somoza asegurou que case todos os camións teñen matrícula portuguesa pero os condutores son franceses e algún da Europa do Leste.

Somoza tachou de “vergoñento” que a industria tente “coar leite foráneo no marco dunha folga de entregas en Galicia”. “Non é de recibo que entre leite de fóra e aquí teñamos os prezos máis baratos que no resto da Unión Europea”, denunciou Elías Somoza, mentres “a maioría” das case 10.000 explotacións lácteas galegas “víronse obrigadas a tirar un muxido como mínimo”.

A esta hora permanece un retén duns 8 gandeiros e un tractor á entrada de Euroserum no polígono industrial de Reboredo e os camións permanecen aparcados nas inmediacións da industria láctea.

Una idea sobre “Os gandeiros bloquean 5 camións que supostamente tentaban introducir leite francés nunha industria de Monforte

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información