Os gandeiros arrancan o compromiso de El Corte Inglés de subirlle 2 céntimos nos pagos do leite o seu proveedor

A mellora repercutirá en Central Lechera Asturiana, que envasa a marca branca da cadea. Os produtores terán un encontro este xoves con dúas das industrias máis beneficiadas polas subas pactadas coa distibución, Lactalis e Leche Celta

Os gandeiros arrancan o compromiso de El Corte Inglés de subirlle 2 céntimos nos pagos do leite o seu proveedor

Os gandeiros mobilizáronse en decembro ante as cadeas de distribución. / Arquivo.

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo continúa coas negociacións para impulsar unha recuperación dos prezos do leite en cadea, desde o supermercado ata as granxas. Logo dos acordos pactados antes do Nadal coa maioría de cadeas de distribución, a Plataforma mantivo unha nova reunión cun dos grupos que quedara pendente, El Corte Inglés. A cadea, en principio reticente a incrementar os pagos que lle fai o seu proveedor de marca branca, Central Lechera Asturiana, argumentaba que xa está a abonar un prezo superior a outros grupos, pero finalmente aceptou subir 2 céntimos, segundo indicou tras a reunión de onte o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, un dos partícipes da negociación.

O compromiso acadado con El Corte Inglés é similar ó pechado co resto das cadeas da gran distribución. Dos principais grupos de supermercados, só queda pendente unha reunión con Mercadona, que se producirá en breve. O obxectivo dos produtores pasa agora por lograr que ese aumento dos pagos da distribución ás industrias proveedoras de marca branca se lle traslade ós gandeiros. A maiores, a Plataforma demandará tamén das industrias unha mellora do leite que cada industria comercializa con marca propia, pois os produtores entenden que as empresas transformadoras teñen marxe de manobra cos produtos da gama alta de prezos.

Próximas reunións
Os contactos coas industrias sucédense nos últimos días e para este xoves están previstas dúas reunións clave con Lactalis e con Leche Celta, as dúas empresas que máis se beneficiaron dos acordos entre os gandeiros e as cadeas de distribución. Celta envasa leite de marca branca para cadeas como Lidl, Eroski, Carrefour, Alcampo ou Dia; en tanto que Lactalis faino, entre outras, para Carrefour e Alcampo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información