Os fogares españois gastan cada vez máis en viños brancos en detrimento dos tintos

Publicidade

PRODUTO GALEGO Productogallego_supermercado_VegalsaEroskiO último informe sobre tendencias de consumo elaborado polo Ministerio de Agricultura amosa un aumento do gasto de viños brancos nos fogares españois, mentres que baixa o gasto en viños tintos.

Con todo, aínda segue a gastarse máis e consumirse máis viño tinto ca branco. Así, máis do 65% do viño que se consume nos fogares españois é tinto, fronte a un 29% que é branco. Os viños rosados supoñen o 5% restante.

No 2023, o consumo de viños tinto reduciuse máis dun 5% e o gasto un 2%. Mentres, no caso dos brancos, aínda que tamén houbo unha baixada do consumo de viños brancos de case o 5%, o gasto neste tipo de viños incrementouse en máis dun 2% neste ano.

Demanda consumo viños brancos - tintos - rosados 2023

Consumo e valor dos viños tintos, brancos e rosados nos fogares españois en 2023.

Os españois están a consumir máis viños rosados e este tipo de viños foron os únicos que experimentaron un incremento da demanda (+ 3%) e do gasto (11%).

Así, pese a que o consumo de viño se reduciu no 2023 un 4,5% nos fogares españois, houbo un incremento da facturación, debido principalmente ó aumento do prezo medio do 5%, de tal xeito que o prezo medio se situou nos 3,37 euros por litro.

Os españois dedicaron pouco máis dun 1% do orzamento de alimentación e bebidas para mercar viño, polo que houbo un gasto per cápita de 23 euros por persoa ó ano e un consumo de 6,9 litros por persoa ó ano.

O mercado é dos viños ligados ó territorio

Actualmente, o mercado é principalmente de viños ligados ó territorio, é dicir, comercializados baixo unha Denominación de Orixe (DOP) ou unha Indicación de Xeográfica Protexida (IXP). Este tipo de viños representan case o 60% do mercado, mentres que os viños sen estas identificacións supoñen o 41% do volume de litros comercializados. En valor, máis do 80% do gasto está centrado neste tipo de viños producidos baixo unha DOP ou IXP.

Evolucion consumo e valor dos viños con DOP e IGP 2023

Consumo e valor dos viños con DOP e IXP no 2023.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información