Este mércores celebrouse o Mercado de gando no recinto feiral de Amio (Santiago), mais esta xornada apenas se rexistrou afluencia de animais. En concreto, contabilizáronse 232 reses, o que supón 1.561 menos que a pasada semana. Como sinalan dende a organización do mercado, esta redución da afluencia de gando débese á escasa actividade comercial deste mes de agosto, así como a que os dous últimos días (15 e 16) foron festivos na cidade.
Houbo 4 cabezas de vacún maior (1.485 menos que na sesión anterior), 103 de vacún mediano (33 menos) e 125 de vacún grande (43 menos).
Os prezos do gando da feira e os rexistrados pola Mesa de cotizacións da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, mantivéronse sen cambios con respecto dos manexados hai unha semana.
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (17-VIII-2022).