Os fabricantes galegos de pensos analizarán os retos do sector o vindeiro 11 de outubro en Santiago

O evento terá lugar en Santiago de Compostela, no Hotel Oca Porta do Camiño

Os fabricantes galegos de pensos analizarán os retos do sector o vindeiro 11 de outubro en Santiago

Imaxe de arquivo.

A Fundación Instituto Tecnolóxico do Penso (FITP) celebra o próximo 11 de outubro en Santiago de Compostela a XXVI Xornada Técnica sobre “Estratexias de nutrición, redución e cálculo de emisións e a I.A. na produción de pensos”.

Os interesados en asistir deberán enviar un mail a agafac@agafac.es cos datos necesarios (nome completo, empresa, mail) ou chamar ao 981 174 354 antes do 9 de outubro.

A xornada será gratuíta para traballadores das empresas socias de Agafac e/ou integrados en Galis, patrocinadores da FITP. O prezo para o resto de profesionais será de 121€ por asistente.

O programa da xornada, que se levará a cabo no Hotel Oca Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, será o seguinte:

09:00 h. Recepción de asistentes.
09:45 h. Presentación e apertura da xornada.

  • D. Bruno Beade García (director da Fundación Instituto Tecnolóxico do Penso e AGAFAC).

10:00 h. Microbiota e estratexia nutricional.

  • D. Eugenio Cegarra García
    Director técnico e de asuntos regulamentarios de De Heus Nutrición Animal S.A.

10:30 h. Estratexias nutricionais para reducir o uso de soia en vacún de leite e vacún de carne.

  • D. Braulio da Rúa Campos (dirección técnica de ruminantes en Coren Agroindustrial SAU e responsable de produción de vacún de carne COREN SCG)

11:00 h. Redución de emisións de amoníaco en gandería: nutrición.

  • Dr. D. Jesús Méndez Batán (membro de grupos de traballo de FEFAC, FAO-LEAP E UNECE)

11:30 h. Pausa-café.
12:15 h. Como calcular a pegada de carbono na etiquetaxe de pensos: que datos necesito e como obtelos.

  • Dna. Eva Parra Pericos (responsable xestión de clientes España | D. Ermanno Crivellaro (administrador delegado de Magnifeed Ibérica)

12:45 h. Como axuda a intelixencia artifical ao proceso de produción de pensos compostos.

  • D. Unai Zorrilla Castro (CTO en Plain Concept S.L. e asesor de tecnoloxías de AUKOR)

13:15 h. Debate.

  • Modera: D. Bruno Beade García (director da Fundación Instituto Tecnolóxico do Penso e AGAFAC).

13:45 h. Peche da xornada.

  • D. José Luis Rey Rodríguez (presidente da Fundación Instituto Tecnologico do Penso e AGAFAC).

14:00 h. Cóctel de confraternización

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información