Os fabricantes de pensos galegos analizan o futuro das materias primas e a incorporación da intelixencia artificial ao sector

Santiago, 14/06/24. XIII Foro Galis con la presencia de D. José Luis Rey, Presidente de Agafac, D. Pedro Nonay, Experto en mercados mundiales de materias primas, Dr. D. Miguel Anxo Bastos, Profesor de Economía en la Universidad de Santiago de Compostela, D. Néstor Guerra, Partner de N COMPANY, D. Silvestre José Balseiros, Director General de Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias y D. Bruno Beade, Director de AGAFAC.  Fotos: Agostiño Iglesias

Santiago, 14/06/24. XIII Foro Galis con la presencia de D. José Luis Rey, Presidente de Agafac, D. Pedro Nonay, Experto en mercados mundiales de materias primas, Dr. D. Miguel Anxo Bastos, Profesor de Economía en la Universidad de Santiago de Compostela, D. Néstor Guerra, Partner de N COMPANY, D. Silvestre José Balseiros, Director General de Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias y D. Bruno Beade, Director de AGAFAC.
Fotos: Agostiño Iglesias

O Hotel Oca Puerta del Camino acolleu este venres a celebración do XIII Foro Galis, organizado pola Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac). Unha cita consolidada no sector que contou coa participación de Pedro Nonay, experto en mercados mundiais de materias primas; Miguel Anxo Bastos, profesor de economía da Universidade de Santiago de Compostela, e Néstor Guerra, fundador de N Company, e na que o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros, recibiu a medalla ao mérito de Afagac, polo seu traballo en prol da defensa dos intereses do sector.

José Luís Rey, presidente de Agafac, foi o encargado de dar a benvida e inaugurar a xornada. “O Foro Galis sempre é unha cita importante para nós e o mellor dos pretextos para vernos e pornos ao día”, comezou Rey, que aproveitou a súa intervención para facer balance da situación actual do sector. O presidente de Agafac anunciou tamén un dos proxectos máis importantes da historia de Galis: a construción dunhas novas oficinas e laboratorio a pé de peirao no Porto Exterior de Punta Langosteira, na Coruña.

Cara a onde vai o mercado mundial de materias primas para alimentación animal? Foi a pregunta á que Pedro Nonay, con máis de 36 anos de experiencia en mercados globais de materias primas, tentou responder durante a mañá. “O gran reto que eu vexo no mundo é como pasar os datos a coñecemento e como pasar o coñecemento a accións”, explicou. Outros dos grandes retos aos que se enfronta o sector das materias primeiras son, a ollos de Nonay, a asimetría global, o cambio climático, a inflación, a autocracia e o crecemento mundial. Nonay aproveitou o momento para reafirmar, nese contexto actual e futuro de desafío, a importancia dunha palabra: adaptación.

Pola súa banda, Miguel Anxo Bastos, doutor en Ciencias Económicas e Empresariais, arroxou luz sobre a cuestión económica. “O mundo está mellor que nunca”, achegou Bastos. “Os datos de crecemento de forma xeneralizada no mundo son do 4 %, nunca antes houbo unha taxa de crecemento igual”, achegou. Entre as grandes problemáticas para a economía nomeou as guerras asimétricas, como o actual conflito entre Israel e Hamás. Con todo, avogou pola responsabilidade como chave para facer fronte ao futuro. “A responsabilidade é de todos e non podemos escapar dela”, concluíu.

Como non podía ser doutra forma, as novas tecnoloxías, como a intelixencia artificial, foron tamén protagonistas da xornada. Néstor Guerra, experto na aplicación da IA no mundo empresarial, achegou aos asistentes as posibilidades que este avance ofrece para o sector. “Sodes a primeira xeración que vai vivir un mundo do que non coñecerá nada”, comezou Guerra, que rompeu unha lanza a favor de abrazar esas novas tecnoloxías, como facilitadoras da vida a todos os niveis. “Vivimos nun mundo no que as máquinas eran parvas e chegará un momento no que as máquinas serán máis listas que o máis listo de nós”, achegou. Guerra puxo o toque de humor á xornada, cunha canción moi roqueira sobre o Foro Galis, elaborada con intelixencia artificial.

Medalla ao mérito de Agafac

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros, recolleu a medalla ao mérito de Afagac, como recoñecemento polo seu defensa dos intereses do sector. Balseiros mostrouse “abrumado” polo recoñecemento, outorgado por unha asociación que, nas súas palabras, “é realmente espectacular”. “Non sei se son a persoa que máis merece o recoñecemento, pero si a que máis orgullosa está”, determinou o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Bruno Beade, director de Agafac, foi o encargado de clausurar o evento. Durante a súa intervención, agradeceu o apoio de patrocinadores e colaboradores. “Sen dúbida a vosa colaboración é unha das pezas necesarias para o éxito deste evento que, ano tras ano, converteuse en todo un referente do sector en Galicia”, confesou Beade.

Sobre Galis e Agafac

A Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos de Galicia (Agafac) é unha organización profesional creada para defender os dereitos dos fabricantes de pensos galegos. A entidade ten un sistema de seguridade alimentario propio para controlar as materias primas (soia, millo…..): o sistema Galis, creado en 2005 e pioneiro en España, que conta co aval da Xunta de Galicia.

Na actualidade, Galis reúne un total de 59 fábricas de alimentación animal, 53 das cales están en Galicia. O resto das factorías adscritas a Galis están máis aló da comunidade: catro pertencen ao Principado de Asturias, outra se atopa en Cantabria e unha máis en Portugal.

Así pois, Galis representa o 96 % da produción de pensos de Galicia e ao redor do 50 % da produción de Asturias e o 45 % de Cantabria. Son datos que reflicten a boa saúde dun sistema que crece grazas á profesionalidade e o bo traballo do equipo que existe detrás.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información