Os fabricantes de pensos culpan a China e aos fondos de investimento da subida de prezos

Os fabricantes de pensos culpan a China e aos fondos de investimento da subida de prezos

A Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos, Agafac, celebrou esta mañá, vía online, a súa asemblea xeral de socios a cuxo termo se analizou a evolución dos prezos das materias primas a nivel mundial. O director de Agafac, Bruno Beade, inaugurou a parte pública da Asemblea Xeral, a última de 2020, cun foro dedicado á situación actual dos mercados e as súas consecuencias a curto e medio prazo.

Os prezos da soia e dos cereais protagonizaron o programa do seminario, onde tamén se abordou a situación económica a nivel xeral provocada pola pandemia. Neste sentido, os expertos e analistas de mercados coincidiron en que os fondos de investimento e China foron os principais responsables das subidas de prezos que experimentaron os mercados.

Andrés Juli Matyszczyk, trader de grans de COFCO Internacional, afirmou no seu relatorio que o xigante asiático “entrou como un elefante nun bazar” pola demanda de gran, o que causou unha subida de prezos no mercado de cereais a nivel mundial. O analista explicou que a demanda se explica, principalmente, porque “a produción de cereais en China baixou para priorizar a produción de soia e as reservas estatais de gran tamén descenderon”.

A curto prazo, as previsións, apuntaron os expertos, non son moi optimistas en canto a posibles caídas de prezos. Neste aspecto, Lola Herrera, representante no sur de Europa da USSEC, a Asociación Americana da Soia, sinalou durante a súa intervención que, a pesar de que de forma inmediata “non se aventuran cambios substanciais á baixa”, se as previsións nos stocks cúmprense e, por tanto, soben de forma significativa, a situación pode variar e ir á baixa ao longo de 2021.

Tamén fixo fincapé na importancia da sustentabilidade, unha esixencia europea para 2030, que cambiará de forma drástica o comportamento do sector agroalimentario tanto por parte dos fabricantes como polas esixencias dos consumidores.

Cara á tormenta perfecta

A xornada concluíu coa conferencia “Cara á tormenta perfecta: unha crise multinivel e pluriforme agravada pola pandemia”, impartida o politólogo e profesor universitario Xosé Luís Barreiro, na que mostrou un escenario económico moi difícil para España.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información