Os equipos de sementeira directa acaparan o 65% das axudas do Plan Renove de maquinaria agrícola

Os equipos de sementeira directa acaparan o 65% das axudas do Plan Renove de maquinaria agrícola

Equipo de sementeira directa

As axudas do Plan Renove de maquinaria agraria, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, van beneficiar na convocatoria de 2021 a uns 850 agricultores e gandeiros, aos que se van a destinar algo máis de 6,5 millóns de euros (datos provisionais). Unha vez finalizado o prazo para a presentación de solicitudes, estímase que case o 80 % das devanditas solicitudes serán aceptadas. A distribución provisional das axudas destina o 65% das mesmas a equipos de sementeira directa.

As subvencións concedidas propiciaron un investimento total en compra de nova maquinaria de case 25 millóns de euros e a subvención alcanza, aproximadamente, un 26 % do gasto total realizado polos agricultores e gandeiros.

A distribución provisional das axudas é a seguinte:

TIPO DE MÁQUINA                   SUBVENCIÓN RENOVE
Tractores                                                      117.264,00 €
Abonadoras                                                  343.245,90
Accesorios de distribución
localizada de xurro                                       599.208,49
Cisternas de xurro                                        578.174,26
Equipos de aplicación de produtos
fitosanitarios                                                 693.943,29
Sembradoras por sementeira directa        4.192.286,66

Total                                                         6.524.122,60 €

As axudas do Plan Renove 2021 xunto ao tres millóns de euros que se destinaron á subvención do custo dos avais concedidos por SAECA para a adquisición de maquinaria nova supoñen case un 20 % máis do orzamento destinado polo MAPA en apoio a este sector. 

Características do plan renove 2021

O Plan Renove 2021 mantivo a diferenciación en dúas liñas de investimento, novidade introducida na convocatoria de 2020, pero que nesta edición unha dirixiuse aos accesorios de xurro e cisternas, e a outra ao resto de maquinaria.

O obxectivo da diferenciación era reservar unha parte do orzamento para contribuír á adquisición de equipos de aplicación localizada de xurros no solo (sistemas de reixas, discos ou mangueiras), así como sistemas de localización de xurro no chan independentemente da cisterna, substituíndo os sistemas máis contaminantes de pratos, abanos ou canóns, en liña cos requisitos da condicionalidade da Política Agraria Común (PAC). Con todo as axudas concedidas nesta convocatoria para este fin non chegan ao 20% do total.

Pola súa banda, as sembradoras directas -que acaparan o 65% dos fondos – son a ferramenta máis importante para levar a cabo unha agricultura de conservación, ou non laboreo, que reduce os labores no campo, as emisións de CO2, aumenta o contido de materia orgánica do solo e prevén a súa erosión. Este tipo de sementadoras utilízanse máis na agricultura mediterránea e cerealista do centro e sur da Península e pouco nas comunidades da Cornixa Cantábrica e en Galicia.

O resto de fondos orzouse para outras máquinas subvencionables, segundo se establece nas bases reguladoras para a concesión de subvencións do Plan Renove.

Por último, o Ministerio informa que se esgotado o prazo de solicitude quedasen fondos dispoñibles en calquera das dúas liñas, poderanse utilizar para satisfacer a lista de espera. Por tanto, os fondos non consumidos na liña de xurros empregaranse, tal e como se previu na convocatoria, para cubrir a demanda da liña de resto de maquinaria que quedou en lista de espera.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información