O Consello da Xunta aprobou iniciar a tramitación dun anteproxecto de decreto que permitirá que os Concellos asuman a xestión dos montes públicos dos que son titulares. Na actualidade, a Administración autonómica manexa 85 masas forestais de utilidade pública que suman unhas 20.000 hectáreas. Destas, 81 son propiedade de entidades locais.
Desde a Xunta sinalan que xa hai municipios interesados neste trámite, que en todo caso é voluntario, poidendo manterse a xestión como ata o de agora. A Administración calcula que a nova normativa entrará en vigor nuns 6 meses.
Aqueles Concellos que decidan asumir a xestión dos seus montes, encargaranse do seu coidado e da súa explotación. Medio Rural limitarase a velar polo cumprimento das correspondentes normativas.