Os concellos dos Ancares acollerán en maio e xuño actividades formativas e de divulgación gratuítas

A Deputación de Lugo impulsa un novo programa na Reserva da Biosfera que inclúe obradoiros de repostaría con produtos locais, rutas, formación gandeira e un campamento de natureza e reciclaxe

Publicidade
Entre as actividades inclúese formación sobre gandería rexenerativa e sobre apicultura

Entre as actividades inclúese formación sobre gandería rexenerativa e sobre apicultura

A Deputación de Lugo pon en marcha unha nova programación de actividades de divulgación e educación ambiental en torno á Reserva dos Ancares Lucense, Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá, un territorio xestionado pola propia institución provincial. As actividades realizaranse cumprindo coa normativa sanitaria vixente e están pensadas para o público en xeral, para adultos ou para nenos de 4 a 12 anos.

As xornadas inclúen un Curso de apicultura e loita conta a velutina en Cervantes e outro sobre Gandería Rexenerativa. O resto de actividades realizaranse durante as últimas semanas do meses de maio e de xuño en distintos puntos dos concellos que conforman a Reserva da Biosfera (Cervantes, Navia e Becerreá).

As inscricións faranse por orde de reserva a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org ou nos teléfonos asignados para cada actividade

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades poderán reservar a súa praza a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org. Para obter máis información pódese chamar ao teléfono 982227813. As inscricións faranse por rigorosa orde de reserva e ata completar o aforo segundo permitan as autoridades sanitarias en cada momento.

Programación para todos os públicos

Becerreá

Campamento infantil de natureza e reciclaxe (Actividade dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos)
Días 23, 25, 28, 29 e 30 de xuño no Centro Social de Becerreá de 10:00h a 14:00h 
Teléfono para inscricións: 982360704

Obradoiro de repostaría con produtos locais (Actividade orientada a adultos)
Día 28 de xuño no Centro Social de Becerreá en horario de 16:00h a 20:00h
Teléfono para inscricións: 982360704

Navia de Suarna

Ruta “Navia en primavera” (Orientado ao público en xeral)
Día 22 de maio, entre as 11:00h e 18:00h, con punto de encontro na Praza Maior de Navia de Suarna
Teléfono para inscricións: 664333496

Obradoiro de repostaría con produtos locais (Actividade orientada a adultos)
Día 30 de xuño no Colexio Daniel Monge en horario de 16:00h a 20:00h.
Teléfono para inscricións: 659991400

Cervantes

Formación gandeira rexenerativa (Actividade orientada a adultos)
Días 25 e 26 de maio. Realizarase no Edifico de Servizos Múltiples, en horario de 10:00h a 14:00h.
Teléfono para realizar a inscrición: 679192000

Curso de apicultura e loita contra a velutina (Actividade orientada a adultos)
Días 22 e 23 de maio no Multiusos de San Román en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h o día 22 e de 10:00h a 14:00h, o 23.
Teléfono para inscricións: 982364904

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información