Os compradores críticos da Lonxa de Silleda piden outro interlocutor para desbloquear o conflicto

Sosteñen que “perderon a confianza” no director da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán, pois consideran que non está a respetar o seu traballo

Os compradores críticos da Lonxa de Silleda piden outro interlocutor para desbloquear o conflicto

O conflicto aberto na Lonxa de Silleda está enquistado. O mercado gandeiro apostou pola plena dixitalización das poxas, un paso que considera “irreversible”, pero parte dos compradores habituais da poxa de xatos de recría insisten en que ese sistema non se lles adapta e néganse a aceptalo.

Por parte da Fundación ofréceuselles ós compradores críticos unha nova reunión, pero estes rexeitárona e piden outra interlocución, pois afirman que perderon a confianza no director da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán, quen consideran que non está a respetar o traballo dos compradores.

“Este é o mercado de gando máis transparente e non é de recibo que a dirección da Fundación nos pretenda acusar, sen probas, de irregularidades que non son certas”, sinala un portavoz dos compradores críticos.

Ante esta situación, os compradores críticos piden outra interlocución, como pode ser a da Consellería do Medio Rural. Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia mantén unha maioría na representación do Padroado da Fundación Semana Verde, se ben tamén hai unha participación importante da asociación feiral Semana Verde e representación do Concello de Silleda e da Deputación de Pontevedra.

De non haber unha solución nos próximos días, os compradores críticos persisten na súa idea de non mercar animais de recría na Lonxa do próximo martes. “É algo que xa lle estamos a comunicar ós transportistas que nos consultan. Estamos abertos a seguir mercando, pero non a través da Lonxa” -sinalan-. “Pensamos que con esta actitude, a feira está prexudicando os intereses das granxas e os seus propios”, conclúen.

A Lonxa de Silleda mantén a aposta pola dixitalización para os próximos mercados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información