“Os brancos 2019 do Ribeiro destacan pola súa finura e elegancia”

Publicidade
“Os brancos 2019 do Ribeiro destacan pola súa finura e elegancia”

O espazo Turcastrelo, ubicado no Parque Náutico de Castrelo de Miño, foi o escenario dunha cata previa á concesión dos galardóns “Distincións Gallaecia 2020” aos mellores viños e para a elaboración da edición 2021 da Guía Luis Paadín de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia. Nela participaron 126 viños da Denominación de Orixe Ribeiro, entre brancos, tintos e tostados que foron catados por membros da Asociación de Sumilleres Gallaecia e catadores invitados.

Desta cata sairán seleccionados os mellores viños da D.O. Ribeiro segundo o criterio dos expertos, que pasarán a á cata final que se celebrará a principios de setembro en Fisterra.

Aurelio Vázquez, presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia, define a cata realizada en Ribadavia como unha das máis interesantes. “Os viños brancos desta colleita no Ribeiro son de altísima calidade, destacando a súa finura, elegancia e tipicidade. É de sinalar tamén que contan cun gran potencial de garda. Os tintos son moi equilibrados e de moita calidade, e neles percíbese a fenomenal evolución de anadas anteriores”, destaca.

Os profesionais que formaron o panel de cata foron:

  • Aurelio Vázquez: Presidente Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia

  • Iván Vázquez: Enólogo

  • Javier Facal: Sumiller restaurante O´Sampaio

  • José Luis Fernández: Comité de Calificación D.O. Ribeiro

  • Juan Gómez: Asociación de Sumilleres de Zamora

  • Luis Paadín: Director daa Guía de Vinos de Galicia

  • Alejandro Paadín: Vicepresidente Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia

  • Pablo Vidal: Comité de Calificación D.O. Valdeorras

  • Pedro Sestayo: Profesor Consellería de Educación

  • David Ballesteros: Comité de calificación D.O. Rías Baixas

  • Santiago Castro: Director Técnico C.R.D.O. Toro

  • Xabier Barcala: Sumiller viñoteca Comoviño

  • Xose Carballido: Enxeñeiro Agrónomo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información