Os becerros pintos: ¿Que demanda o mercado e como lograr mellores prezos?

Un manexo deficitario e a falta de cruces axeitados son dous dos obstáculos que debe superar aínda o mercado de becerros frisóns galego para a ser competitivo. Estas carencias lastran o auxe deste tipo de xatos, que nos últimos tempos se pagan mellor

Os becerros pintos: ¿Que demanda o mercado e como lograr mellores prezos?

Agárdase que os prezos dos pintos suban entre 30 e 50 euros en maio e xuño

O mercado dos becerros de Frisoa, a raza maioritaria en vacún de leite, foi sinónimo durante moito tempo de baixos prezos que en ocasións rozaban o irrisorio e nin sequera cubrían os gastos de ter que levalos ata a lonxa. Pese a que nos últimos tres anos se están a acadar mellores prezos, persisten condicionantes para que os pintos aínda non se equiparen a outras razas de recría, como os de cruce.

“O mercado dos becerros de recría pintos reclama animais de 45-50 quilos e é o que non damos conseguido aquí. O que máis temos son animais de baixa cualificación”, así describe a situación actual do mercado Julio Pérez, coordinador da Central Agropecuaria de Galicia. O principal motivo que contemplan dende o sector para que os prezos sigan a ser baixos en comparación con outras razas é que estes animais, moitas veces, non reciben os coidados necesarios para convertérense  en exemplares de calidade.

Manexo deficiente

Un mal manexo nas explotacións deriva en prezos máis baixos xa que isto nótase xa no mercado. “Só con velo xa se sabe cal tivo un coidado acertado na explotación e quen o ten apartado para desfacerse del canto antes”, explican dende a Central Agropecuaria galega. “Son animais que veñen con diarreas moi fortes, ou co pelo caído na parte traseira, que indica que xa estiveron así na casa”, explica o coordinador.

Boa parte dos xatos de Galicia son adquiridos por cebadeiros de Cataluña e Aragón, e son os propios criadores os que logo detectan as malas prácticas. “Quéixanse de que lle dan leite de mala calidade. É leite de vacas que están tratando o que fai que logo teñan eses anticorpos do antibiótico e que lle dean problemas ó cebadeiro se logo ten que tratar o becerro ante unha enfermidade”, comenta Julio Pérez.

Unha boa cama e unha alimentación e hixiene correcta son a clave para conseguir pintos que acaden mellores prezos

¿E cales son os coidados que con pouco custo pode facer o gandeiro para mellorar a cualificación e o prezo dos xatos pintos? É fundamental unha boa cama, unhas prácticas hixiénicas adecuadas e unha alimentación correcta, como indica María Rey, técnica da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca).

Pola súa parte, Juan Carlos Soto, membro da directiva da Asociación Galega de Empresarios do Gando. “Moitas granxas de leite prefiren que o becerro lle dea 30 ou 40 euros e sacalo da explotación pronto porque non teñen sitio para el”.

“Hai explotacións que melloraron, que están alimentando e coidando ben os xatos e conseguen bos prezos, como os da semana pasada cunha media de 150 euros para os becerros de entre 20 e 50 días”, engade. “Pero aínda queda moito que mellorar”, sentencia Juan Carlos Soto.

Falta de cruces axeitados

Outro dos problemas que detectan dende o sector é a falta de cruces axeitados que proporcionen animais competitivos como os procedentes doutros mercados como son os de Irlanda ou os nacionais de Cantabria ou Asturias. “O 70% das explotacións que visito como operador comercial son granxas con animais de alta xenética para a produción de leite, e os animais que nacen aí teñen as características dos da produción de leite, non son para carne”, matiza o representante da Asociación Galega de Empresarios do Gando

Para o tratante é fundamental “ter unha boa xenética de leite e de carne” e apunta que é preciso investigar máis sobre os cruces axeitados para as vacas Frisoa. “Habería que estudiar que cruces funcionan ben e recomendarlle á xente empregar eses. Senón os gandeiros cruzan con case todo o que lles chega. Moitos fano con Limousín, con Limiá… pero por exemplo a Blonda de Aquitania en rubia cruza moi ben pero non cruza con pinta”, exemplifica Soto.

Cebar frisóns en Galicia

Pese a que boa parte dos becerros frisóns son comprados por cebadeiros cataláns e aragoneses, tamén comezan a cebarse en Galicia, aínda que polo de agora é un mercado moi reducido. Dende a Asociación Galega de Empresarios Tratantes de Galicia, o seu presidente, Enrique Otero, recoñece que “polo de agora os pintos non teñen moito mercado, non son moi apreciados”. Dende a directiva do colectivo, Juan Carlos Soto recorda os intentos por crear unha mesa de Frisona, unha proposta que non acadou grandes respaldos e que en opinión do tratante podería ser negativo para a Ternera Gallega.

Agárdase que os prezos dos pintos suban entre 30 e 50 euros en maio e xuño

Nos últimos tres anos, os prezos dos becerros pintos incrementáronse de forma notable pero aínda poden situarse en valores baixos que oscilan entre os 25 e os 60 euros para aqueles becerros máis novos, de menos de 01 días, e de peores características, como apunta Enrique Otero.

A demanda derivada dos países do Norte de África déixase sentir tamén en Galicia, posto que os cebadeiros botan man do norte de España para conseguir estes becerros. “Polo do momento, pese a flutuacións puntuais levamos uns anos con bos prezos”, asegura Julio Pérez. Ós máis de 200 animais (de entre 20 e 50 días) que se venderon a unha media de case 150 a semana pasada en Silleda deben sumarse máis de 30 becerros pintos (de máis de 50 días) que case chegan ós 180 euros. “Pero o problema é conseguir subir deses prezos”, recoñece o coordinador da Central Agropecuaria de Galicia.

Agárdase que os prezos dos pintos suban entre 30 e 50 euros en maio e xuño

Tamén Juan Carlos Soto coincide en que non son os peores tempos para os becerros pintos e recorda os máis de 200 euros que se chegaron a pagar o ano pasado por xatos frisóns. “Iso foi excepcional, levábamos 20 anos sen ver eses prezos”, matiza. Unha suba debida á gran demanda que tiña Francia naquel momento foi o que fixo incrementar os prezos tamén en Galicia. Porén, o tratante mantense escéptico con respecto a evolución dos prezos dos próximos meses e agarda que suban en maio e xuño entre 30 e 50 euros. “Sería o normal”, subliña. Iso si, sempre e cando, os xatos que chegan de Irlanda, de mellor calidade, non supoñan un forte competencia para o becerros galegos e Francia se manteña como un importador de becerros pintos.

Una idea sobre “Os becerros pintos: ¿Que demanda o mercado e como lograr mellores prezos?

  1. Pablo

    Pues , vaya entrada esta !!!!!,

    Primero en el titular pone terneros pintos y cómo mejorar su precio para luego meter por el medio no sé qué de los cruces. Obviamente todos sabemos que los cruces valen más pero cuando se insemina una vaca con pinto por el motivo que sea(pensando en recría, dificultades del parto de la madre,….) No cabe la posibilidad de cruce al menos con razas cárnicas como las que se mencionan en este artículo

    Segundo, realmente el mercado demanda pintos mejor cuidados y de más valor? Sin tener tanta sabiduría y experiencia como las personas que hablan en este artículo simplemente mirando los datos de precios se puede ver cómo por ejemplo en la feria de silleda de la última semana un ternero pinto de menos de 21 días son 138€. Bien, el mismo ternero con menos de 51 días 158 €. 20 € por un ternero con 20 días más!!! Un ternero que bien cuidado a partir de las 3 semanas puede estar mamando perfectamente 10-12 litros de leche al día lo que son unos 3€/ día. O sea, por lo que a mí me cuesta 60€ (20 días* 3€/día) más el trabajo me dan 20€ más???, Yo no veo demanda de terneros mejor cuidados sinceramente.

    Tercero, realmente está bajo el precio de los terneros pintos??? Yo diría puede que sí, pero si lo comparamos con los cruzados está en consonancia , o sea o están bajos todos o sino los pintos no están especialmente bajos. Me explicó, por un ternero pinto, en la misma feria de silleda de la semana pasada, de matar se pagó 654€ a los que si les restamos el valor del ternero de 20 días (654-138=516€) nos da un margen de 516€ para cebarlo. Un ternero cruzado de 20 días también son 310€, referenciado también a la feria de silleda de la semana pasada, y el mismo ternero ya cebado son 800€ por lo que (802-310=492€) por lo que queda un margen para cebarlo más o menos igual en uno que en otro. Es un poco más amplio en el pinto (516-492 = 24€) pero también seguramente un ternero pinto coma más que un cruzado en el período de cebo.

    Con lo cuál no entiendo está entrada, espero que alguien me la pueda explicar un poco porque estaré encantado de aprender que es lo que yo estoy viendo mal

    Saludos

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información