Os axentes medioambientais piden a activación de máis medios aéreos

Os axentes medioambientais piden a activación de máis medios aéreos

Zona queimada de monte. / Arquivo.

Os sindicatos que representan ós axentes medioambientais galegos emitiron unha nota de prensa conxunta para solicitar a activación de máis medios aéreos contra o lume ó longo do mes de xuño. Nun contexto como o de días pasados, de vento nordés e altas temperaturas, os sindicatos advirten de que só había un helicóptero operativo e de que as brigadas helitransportadas das bases da Xunta tiñan que desprazarse por estrada ós incendios, como foi o caso do lume extinguido na mañá de onte en Lousame, que afectou a 28 hectáreas.

A reclamación é suscrita por Comisións Obreiras, CIG, UGT e CSIF. Os sindicatos aseguran que os medios aéreos estiveron operativos en meses con choivas, en tanto nesta época permanecen as bases pechadas, unha cuestión que demandan que se subsane, xa que entenden que agora a presencia de helicópteros é máis necesaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información