Os asturianos de Badiola Holstein trunfan en GandAgro 2015

No Concurso Autonómico, a Vaca Gran Campioa de Galicia foi Cid Goldwyn Griselda, da SC Gandería Cid de Barreiros (Lugo).

Os asturianos de Badiola Holstein trunfan en GandAgro 2015

Badiola Damion Koketa, premio Vaca Gran Campioa Internacional GandAgro 2015.

A vaca asturiana Badiola Damion Koketa, propiedade da gandería Badiola Holstein, de Gozón (Asturias), obtivo hoxe o premio Vaca Gran Campioa Internacional no XXXIII Open Internacional de Gando Frisón celebrado no marco da Feira de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag-GandAgro 2015.

Badiola Shottle Megadonna ET, da mesma gandería que a campioa, obtivo neste concurso internacional a Reserva Gran Campioa.

Cid Goldwyn Griselda, da SC Gandería Cid, campioa de Galicia

En canto ao XXIV Concurso Autonómico, a Vaca Gran Campioa de Galicia foi Cid Goldwyn Griselda, da SC Gandería Cid, de Barreiros (Lugo) mentres que a Reserva Gran Campioa foi para outro exemplar desta mesma explotación, Bos Cid Atwood Moni ET.

Por outra banda, o galardón de Mellor Criador Internacional recaeu na gandería Badiola Holstein, sendo o subcampión a gandería Branco, de Lalín (Pontevedra). Esta última alzouse tamén como Mellor Criador de Galicia, mentres que o subcampión do concurso autonómico foi Casa Pozo SC de Lugo.

Onte xa se decidise no marco destes certames Autonómico e Internacional a Xovenca Gran Campioa, que foi Pozosaa ATwood 7128 Tamara, da gandería Casa Pozo, de Lugo, en ambos concursos.

En total, aos certames presentáronse 187 animais de ganderías procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal. Organizados pola Federación Frisona Galega (Fefriga) e a Fundación Semana Verde de Galicia, foron xulgados por Brian Carscadden, da Asociación Holstein de Canadá, o cal foi elixido na publicación do mes de decembro de Holstein Internacional segundo mellor xuíz de frisón do mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información